Observar estrelas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Canto hai que non ves a túa galaxia? Se te entendiches con ela algunha vez

entón saberás que no seu corazón arde un furado negro, que ondas de radio veñen e van.

Coma nun corazón de carbono calquera, meu amigo.

Estíbaliz…Espinosa nos #CeosGalegos21

Desde onde podo ver as estrelas?

Ergue a cabeza. Desde aí, onde estás. Se tes o ceo despexado podes velas. Máis ou menos. Se ves poucas mellor, podes recoñecer constelacións: esas figuras que os humanos inventamos no ceo a xeito de provincias. Para ubicarnos. Porque gustamos de poñerlle nomes ao que vemos na natureza e de ubicarnos con eses nomes. Precisamente contamos xa cun listaxe de normalización dos nomes das constelacións, que tamén podes consultar na nosa web. Pero non, non busques unha osa, un cabalo con ás, un guerreiro (este si) porque require moita ou motísima imaxinación.

Na nosa imaxe a constelación do Arqueiro ou Seteiro. Atópase xusto por riba dos paneis informativos terrestres. A zona da Vía Láctea que corta o horizonte recebe tamén ese nome, a zona do Arqueiro. Alí está o centro da nosa galaxia e a zona con maior concentración de estrelas que, xunto co po e hidróxeno que esparexen a luz estelar, forman ese nubeiro nocturno que atravesa o ceo. Os máis estreitos son nubes terrestres de verdade. Ollo, todas as estrelas da imaxe pertencen á Vía Láctea, estando por riba ou por baixo do seu plano central. E se parece que o carreiro da nosa galaxia ten forma de curva é porque estamos mirando unha composición de cinco imaxes, proxectando nun plano o que en vivo miramos como un anaco da esfera que nos rodea.

En terra estamos no miradoiro estelar das Tablillas, xusto no bordo de Ourense e Zamora. Porque na Terra tamén gustamos de inventarnos fronteiras. Un lugar con ceo privilexiado e con información didáctica para aproveitar as noites escuras. Pero ata o lugar máis escuro do país non está exento da contaminación luminosa no horizonte, proveniente das vilas de Sanabria, A Gudiña, Viana do Bolo… se ben algo esaxerada pola longa exposición das imaxes, de 8 segundos. Tiradas a mediados do mes de xullo cunha Sony a7 iii, obxectivo Tamron 28-75, 28mm, f/2,8 e ISO 6400. Xa, para sempre, formando parte de  #CeosGalegos21.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Historia de dous arcos

Olla a imaxe, hai dous arcos. Velos? Son reais? Pois un si. Outro non. Na terra hai un arco de pedras. Levoulle tempo formarse. Os

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023