Arde o ceo, pero non queima

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Sabes enfiar unha boa historia coma quen fía fotóns na roibén.

A muller ártabra é a Osa Maior. Os homes ártabros fanse ao mar en ti.

E ti, tan Breogán, tan Xerión. Ti, número primo. O principio dun conto no final do día.

Faro xa maduro de beleza no solpor.

Estíbaliz…Espinosa nos #CeosGalegos21

Abraiante. Como moitos outros solpores. Por que? O ceo azul do planeta Terra de súpeto vólvese vermello, máis non hai lume no ceo. Entón, cal é a resposta?

A luz branca do Sol, que alumea todo o que hai no planeta Terra, encerra no seu interior as cores do arco da vella. O nome técnico é espectro electromagnético visible, un conxunto de cores cada unha cunha lonxitude de onda e unha frecuencia características. A superposición desas cores da a luz branca. Cando se produce algún fenómeno de refracción ou difracción altérase o camiño que segue cada unha desas cores provocando diferentes efectos. Cando este fenómeno se dá ao paso polo aire da atmosera da Terra o fenómeno coñecese como esparexemento Rayleigh, na honra do físico inglés que o explicou por vez primeira no século XIX. 

Estamos a mediados do mes de agosto pasado, a calor do día foi deixando unha atmósfera cálida. As raiolas do Sol, baixo no horizonte, teñen que atravesar unha capa moito máis grosa de aire quente, provocando que as cores do espectro se perdan ao difundirse de máis facendo da cor vermella a sobranceira. Capas de nubes contribúen a aumentar a densidade e o índice de refracción, chegando a bloquear incluso o paso da luz nalgunhas circunstancias.

Enfiar o bordo avermellado dunha nube coa lanterna da torre de Hércules é mérito do autor, ubicado en Punta Canide (Oleiros), armado coa súa Canon EOS 5D Mark iii e obxectivo Sigma 150-600 a 260 mm, escollendo ISO 100, f8 e unha velocidade de 1/320 s.

Hércules intenta furar a liña que marca a fronteira entre o ceo e a terra. As nubes ameázano para que non o faga. Hai alguén que che impide chegar arriba?

Jorge Mira nos #CeosGalegos21
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023