Cantas estrelas hai no ceo

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Somos os primeiros netos da Terra que non saben ver

o Ceo do que viven pola moita luz que prenden? Démoslle volta, irmás!

Saudade, peregrinas de Eolo, velaí vai vello o Camiño

polo ceo, sobre as nubes, no val de Viveiró!

Estíbaliz…Espinosa nos #CeosGalegos21

Onde vives, como andas de vista, empregas algún aparello óptico e que hora é. Polo día só vemos unha estrela, o noso Sol. Está tan preto de nós que, non sendo a máis grande nin a máis brillante do Universo en termos absolutos, impide que vexamos ningunha outra estrela.

Pola noite o conto cambia. A nosa capacidade visual sitúa en pouco máis de 9 000 as estrelas que poderiamos albiscar en noites despexadas, ceos moi escuros, sen lúa e coa pupila dilatada ao máximo. Pero iso sería o total en todo o ceo que rodea a Terra polo que se nos limitamos a un hemisferio falariamos da metade aproximadamente, unhas 4 500. En función da hora e da estación poderíase afinar máis. Se hai casas, árbores ou montañas é obvio que taparán un pedazo de ceo coas súas estrelas.

Mirar desde debaixo dunha farola non é o mesmo que desde o cumio dunha montaña, sen luces artificais. E aínda así hai montes máis aillados ca outros, polo que a contaminación luminosa que proceda de cidades e vilas achegadas pode diminuír esa cantidade. Temos así lugares privilexiados para o goce do ceo nocturno que se certifican como posuidores desas condicións excelentes. No noso país temos tres, polo momento. Acaba de sumarse ao listado o concello de Muras (Lugo), que recibiu a certificación de municipio Starlight. Súmase así aos dous destinos turísticos Starlight cos que xa contamos: o Parque Nacional Illas Atlánticas (Pontevedra) e a zona de Trevinca (A Veiga, Ourense). Por que non máis?

A nosa imaxe tirada desde o alto da Xestosa (Muras, Lugo) permite admirar a Vía Láctea por riba da néboa que cobre o val do Viveiró e apantalla a contaminación luminosa de Vilalba. Aparecía así o pasado mes de agosto.

Pero non tes que viaxar para gozar do espectáculo de balde que supón a contemplación do ceo nocturno. Afástate a un lugar escuro que haxa preto do teu fogar, ergue a ollada, e goza. Aproveita a recoñecer algunhas das constelacións máis senlleiras e aprende a poñerlles o nome de seu.

Mamá, se os muíños de vento dan a corrente para as luces da xente, onde están os que fan alumear as estrelas?

A saber quen soprará para que se movan…

Jorge Mira nos #CeosGalegos21
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023