O primeiro analema

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
O primeiro analema galego

Cada día, á mesma hora, está o Sol á mesma altura? Non.

Cada día, á mesma hora, está o Sol na mesma vertical? Tampouco.

Marcando cada día a súa posición á mesma hora consegues unha fermosa figura en forma de 8 alongado denominada analema. Nela tes o paso das estacións, a duración dos días, as diferenzas velocidades aparentes do sol no ceo e, incluso, comprender por que a órbita terrestre é unha elipse co sol nun dos focos.

Este analema é o traballo dun ano completo, o ano 2020. Tiráronse un total de 90 imaxes desde o mesmo lugar, Feáns (A Coruña), á mesma hora, ás 14:00 UTC en punto. Isto é, ás 15:00 no horario de inverno e ás 16:00 no horario de verán. Para a composición final escolléronse as 26 máis significativas para formar este primeiro analema tirado no ceo galego.

Na xeometría do analema hai moita astronomía básica. Nos extremos están os solsticios: o de verán no cumio (imaxe do 21 de xuño) e o de inverno no fondo (imaxe do 16 de decembro, a máis próxima sen nubes). No parte media da figura están dous equinoccios de primavera e outono, correpondéndose coas imaxes máis achegadas do 18 de marzo e 21 de setembro. Un pouco máis arriba está o cinto da figura que corresponde cos días nos que o tempo solar medio coincide co tempo solar aparente; hai temos un Sol retratado o 1 de setembro. De seguir este ano tirando imaxes á mesma hora desde o mesmo lugar teríamos a mesma figura nunha especie de sucesión infinita da posición do sol.Un traballo paciente e preciso do autor maila súa cámara Canon EOS 600D sobre un trípode, sempre no mesmo lugar e co mesmo encadre, un obxectivo 8 mm ollo de peixe co diafragma pechado ao máximo e unha velocidade de obturación o máis rápida posible. Nas previsións sobre a ubicación non contaba con perder o mes de novembro pola casa veciña pero o traballo aí o está: o noso primeiro analema. A imaxe do lugar foi tirada o 3 de xaneiro de 2021 á primeira hora, antes de que saída do Sol pasara pola zona.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023