Marte de gala

Inconfundible no ceo polo seu brillo avermellado e fixo, sen escintilar como as estrelas. Marte anda agora polo surleste do ceo tralo solpor, na constelación dos Peixes. A ollo nu non deixa de ser iso, un punto con algo de cor. Cun equipamento de calidade e un bo procesado das imaxes conseguimos recoñecer as súas estruturas xeolóxicas más sobranceiras. A existencia dun casquete polar branco, pola presenza de xeo carbónico, destaca na imaxe. Menos que noutras épocas pois en Marte también hai cambios estacionais. No centro aparece unha zona escura que fai unha curva para rematar apuntando cara abaixo coma se tivese un par de colmillos. Historicamente recibe o nome de Sinus Sabaeus e o lugar no que remata, con esa peculiar forma, está Sinus meridiani ou a Badía do Meridiano. Aí fixouse de xeito arbitrario o punto 0 para a lonxitude das coordenadas marcianas.

Nesta imaxe tirada desde O Carballiño o norte está abaixo e o sur arriba. Estes días podes aproveitar para apuntar ao planeta vermello cuns prismáticos. No mesmo campo de visión terás a Urano; difícil de recoñecer, iso si.

Poderías gostar de...

Eclipse de Lúa, eclipse de Sol

Van en parellas. Sabías? Hai uns días tivemos unha eclipse lunar total, o da foto. Dentro duns días teremos unha eclipse solar parcial. No primeiro,

O cangrexo foi o primeiro

Imaxinade que sodes un astrónomo na busca da fama. Daquela, polo século XVIII, o máis doado era atopar un cometa, publicalo e agardar a que

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025