Nin neve nin xeada

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

E, de súpeto, todo conxela ao teu redor. Fenómeno estraño que parece unha xeada pero non é. Fenómeno raro pois parece nevarada pero tampouco. Fenómeno pouco frecuente que nin sequera se dá todos os invernos.

Unha mañanciña fría saes da casa, a herba segue verde porque non xeou. Ás árbores están brancas pero non nevou. Probablemente estás diante do fenómeno do sincelo ou carouxo, termos que adoptamos a falta doutro mellor. Ese día deuse unha baixada de temperaturas súpeta entre -8 ºC e os -2 ºC que conxelou a humidade ambiental ao entrar en contacto cunha superficie, como as follas das árbores. De acompañar algo de aire resulta na aparición e cristais xeados a modo de pentes nas follas e nas polas, na dirección do vento. Ás veces poden chegar a varios centímetros de lonxitude. Por contra, non adoita aparecer a capa branca do chan que caracteriza ás xeadas e os ceos están sen nubes, a diferenza das nevaradas.

A imaxe corresponde a primeiros de mes en Meamán (Baños de Molgas, Ourense), no val de Maceda, tirada cun teléfono móbil pola autora.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023