A conxunción do ano

Saturno e Xúpiter. Maila Lúa, coa súa luz cincenta. E algo de contaminación luminosa. E o luar. E moito máis: unha conxunción. Dobre ou tripla.

Abaixo destaca a Lúa en fase de cuarto crecente. Máis arriba, Xúpiter e Saturno, o menos brillante. Estamos na víspora do seu grande achegamento do mes de decembro de 2020, cando os dous planetas non se daban afastado a simple vista do pretiño que estaban. Agora, tras varios anos nos que Xúpiter se movía no ceo achegándose a Saturno desde a perspectiva que temos na Terra, estivo a facerlle as beiras durante varias semanas e agora toda o afastamento. Pasarán outros 19 anos ata que coincidan no noso ceo. Débesa á diferenza entre os seus periodos orbitais na súa traslación ao redor do Sol, 12 e 29 anos respectivamente.

Unha conxunción astronómica defínese cando dous ou máis astros comparten a mesma lonxitude celeste, unha das coordenadas no sistema celeste. Para entendernos, cando están na mesma vertical. As máis habituais son as conxuncións de planetas e/ou Lúa. Como se moven máis ou menos no mesmo plano do Sistema Solar, o plano da eclíptica, nas conxuncións aparecen moi xuntos no ceo. Amosan un espectáculo fermoso a ollo nu; sen máis consecuencias pois non deixa de ser un asunto de perspectiva.A imaxe foi tirada o pasado 19 de dcembro desde cabo Estai (Vigo). Ao fondo está o Monteferro (Baiona) e, á dereita, asoma a illa Estela de Fóra (Nigrán, Pontevedra). O autor empregou a súa Canon EOS 60D con 28 mm a f4, sensibilidade 3200 e un total de 3,2 s de exposición.

Lembra que xa podes enviar as túas imaxes para o concurso Ceos Galegos 2020; ata o 28 de febreiro.

Poderías gostar de...

O cangrexo foi o primeiro

Imaxinade que sodes un astrónomo na busca da fama. Daquela, polo século XVIII, o máis doado era atopar un cometa, publicalo e agardar a que

Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025