Un estoupido no ceo

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Un novo ano é enigma de supernova. Que esteamos sempre baixo a sospeita

de descubrir. Que Ciencia e Poesía nos eleven o veo do padal

e na lingua de nós desvelemos o saber.

Estíbaliz…Espinosa nos #CeosGalegos21

Imaxina. Andas de caza dun bisonte coa tribo. De súpeto, no ceo aparece unha luz brillante. Non tanto coma o Sol, pero ben visible. Antes non estaba. Volves ao castro coa partida de caza, arrepiado. Comentas co chamán. Inexplicable. Pola noite aí o está, brillando moito máis que calquera outra etrela; incluso as que se moven. E ao día seguinte aínda pode verse. E ao seguinte. E así durante varios días. Pero ao redor a vida segue igual. Ata que un día se esvae como apareceu. O evento case merece a pena ser rexistrado nalgunha pedra. Estamos no milenio Vi ou VII antes da nosa era.

No mesmo lugar temos a imaxe de hoxe. Quedou unha nube moi etérea de aspecto circular e que ocupa no ceo un tamaño equivalente a 6 lúas cheas. Unha nube que se está a expandir polo universo a unha velocidade de entre 140 e 170 quilómetros por segundo. Unha nube formada por átomos de hidróxeno, helio, nitróxeno, osíxeno, carbono, silicio… todos estes átomos produto do grande estoupido que observaron os nosos antergos. Iso foi o que pasou: unha supernova. Unha estrela que entrou en colapso gravitacional. Ao esgotar o proceso de fusión nuclear no seu núcleo derrubouse sobre si mesma. Ao aumentar a presión maila temperatura polo apretón, fabricáronse novos elementos químicos que se espallaron polo universo tralo estoupido.

Na imaxe só aparece unha parte da nube. Alcumada a nebulosa do Veo, aquí admiramos a parte leste que se cataloga como NGC 6995 e NGC 6992, na constelación do Cisne. Tirada desde Castiñeiras (Ribeira, A Coruña), requiriu de 9 tomas de 8 minutos de exposición cada unha a ISO 400, cunha cámara Canon EOS 4000D acoplada a un telescopio reflector Celestron 200/1000.

O Universo está escrito en linguaxe matemática, e o pasante ás veces derrama a tinta polo seu taboleiro do espazo-tempo, pero ata os borróns da existencia teñen sentido… Non sempre a solución está na liña recta.

Jorge Mira nos #CeosGalegos21
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023