Axúdanos a elixir as mellores imaxes do ceo!

E entrarás no sorteo de 10 lotes de regalos, grazas aos nosos patrocinadores, amigos e colaboradores. Agora, ti podes axudar a escoller as mellores imaxes das 7 categorías que definimos, entre as realizadas ao longo do ano 2020.

Votar é moi sinxelo:

Entre todas as persoas que votedes sortearemos 10 lotes de regalos variados. Na imaxe, un lote exemplo. Pero cada un será distinto. Láminas fermosas, libros, música… pero todos levarán un exemplar de #CeosGalegos20, varias #AstroPostais e un vale de compra para a nosa tenda en liña.

Ampliamos a data orixinal das votacións ata o 31 de marzo, xa que algún amigo/a tivo problemas co rexistor un par de días.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026