Gala anual premios Ceos Galegos 2020

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Categoría Paisaxes Celestes

A nosa gala anual para entregar os premios ás mellores imaxes do ano 2020 vai ser no día das Letras, o 17 de maio de 2021 ás 12:00 horas. O evento será conducido por Manu Vicente, director do programa Efervesciencia da Radio Galega, e por X. Dosi Veiga, editor do noso proxecto. A ambientación musical correrá a cargo de Juan Vázquez, que interpreterá diversos temas á guitarra eléctrica. E todo será ao aire libre, na terraza do Náutico de Castrelo, un dos nosos patrocinadores.

Durante a gala entregaremos os premios da votación popular que xa coñecemos. Pero tamén terá o seu puntiño de emoción, pois desvelaremos o resultado do xurado. Asistirán todos/as os/as fotógrafos/as premiados, pero non saben en que posición quedaron. Ademais, todo o público poderá participar no xogo de adiviñar a votación do xurado. Os que máis puntos consigan recibirán un lote de regalos ao final da gala.

Se queres asistir como público é de balde pero convén que reserves chamando ao propio Náutico de Castrelo ou enviándonos un correo a nós. Se queres quedar ao xantar tamén é preciso reservares. E lembra que deberás cumprir en todo momento as indicacións con motivo de prevención da COVID19. Por exemplo, levar a máscara posta en todo momento.

O concurso para a escolla das mellores imaxes de 2020 foi posible grazas á colaboración económica das asociacións amigas do noso proxecto: Divulgacción – Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (que patrocinou a categoría “didáctica/creativa”),. o Clube Compostelán Vega, a Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío maila Agrupación Astronómica Rías Baixas.

Categoría Xente e Ceo

Os libros e láminas para lotes de regalos son posibles grazas ás donacións de Aira Editorial, Alvarellos Editora, librarías Punto e Coma, Editorial Hugin e Mugin, Urco Editora mailo Consello da Cultura Galega, ademais das contribucións de Museo Etnolóxico de Ribadavia e os Museos Científicos Coruñeses. O contrapunto musical corre a cargo dos regalos de Nigra Mors e Manuel Carballo.

E os lotes tamén levan a súa parte de alimento para o corpo, grazas ás donacións dos amigos de Denominación de Orixe Ribeiro e a Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa; o único queixo galego con forma de lúa chea.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023