Ceos Galegos20: premios do xurado “MeteoFoto”

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Primeiro Premio

A catedral de Santiago entre a bruma foi a imaxe de Eduardo Rivera que levou o primeiro premio por parte do xurado. Unha fermosa explicación visual da formación e espesor dun banco de néboa, nun lugar de moitísimo simbolismo. Os cumios das torres barrocas por riba da brétema que parece baixar do Pico Sacro, aló ao fondo, forman os elementos xacobeos visibles por riba da néboa. Imaxe que tamén recibiu o primeiro premio do público.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo grande da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, unhas fermosas postais históricas de Alvarellos Editora e un fermoso “Unha noite no tren da Vía Láctea” de  Aira Editorial. Ademais, un premio económica grazas ás entidades patrocinadoras: Divulgacción, Clube Vega, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas

Segundo Premio

Arte paisaxística de David Domínguez amosa un conxunto de raios crepusculares por riba da aba dos montes da Lama (Pontevedra). Unha fermosa mostra de loairas, ese raios de sol que saen tralas nubes ou tralas chuvias, como se fosen en forma de liña de luz que atravesa a paisaxe. Son as propias palabras do autor da imaxe para describir ese fenómeno atmosférico.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un fermoso “Vidas Imaxinarias” de  Aira Editorial.

Terceiro Premio

Halo lunar de Noa Táboas, un fermoso exemplar de fenómeno atmosférico nos días fríos provocado polos reflexos dos cristais de xeo. Para o xurado, destaca pola definición e o cromatismo, así como o amplo rango esperable da técnida HDR empregada na toma.

A autora recibiu un lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, da Editorial Hugin e Mugin e de  Alvarellos Editora.

Ademais, os/as premiados/as puideron gozar do viños da Denominación de Orixe Ribeirono xantar ofrecido polo Náutico de Castrelo, ademais de exemplares adicionais de Museo Etnolóxico de Ribadavia, dos Museos Científicos Coruñeses e CD de música de Nigra Mors.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023