Ceos Galegos20: premios do xurado “Sistema Solar”

Primeiro Premio

Saturno de Miguel Sánchez, unha imaxe do planeta dos aneis que permite ollar o bandeado da superficie con bastante claridade, a inclinación dos aneis e a división de Cassini. Como menciona outro membro do xurado: “en tempos das exposicións de milleiros de segundos e o seguimento automático, a fotografía planetaria segue a ser un reto ao alcance só duns poucos. (…) A dificultade engadida da pouca altura do planeta desde a nosa latitude neste ano”, o que aumenta a turbulencia atmosférica. A imaxe xa aparecera publicada no noso blogue no mes de xullo de 2020, tirada desde as terras do queixo.

O autor realizou un vídeo de 200 s do que escolmou o 20 % dos fotogramas para amorealos nunha soa imaxe, acadando así o detalle que se amosa.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo grande da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, unhas fermosas postais históricas de Alvarellos Editora e un fermoso “Unha noite no tren da Vía Láctea” de  Aira Editorial. Ademais, un premio económica grazas ás entidades patrocinadoras: Divulgacción, Clube Vega, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas

Segundo Premio

“Cometa Neowise e Venus ao mencer” de Óscar Blanco Varela. Dentro da cantidade de imaxes de gran calidade que o cometa nos ofreceu no mes de xullo, sempre hai que buscar algo máis. Conseguiuno o autor cunha imaxe do “cometa, Venus transitando polas Híades, conseguindo que sexan visibles a pesar do intenso brillo do planeta”. Ten a escena “un equilibrio entre a iluminación da paisaxe e o ceo, que transmite un evocador realismo non contraposto coa espectacularidade. Os ceos despexados e escuros de pena Trevinca (A Veiga, Ourense), contribuíron pola súa parte.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un fermoso “Vidas Imaxinarias” de  Aira Editorial.

Terceiro Premio

(ex aequo) Oposición de Marte de Miguel Sánchez Varela. A imaxe, xa publicada no noso blogue no outono de 2020, destaca porque “aprécianse os casquetes polares e diferentes tonalidades da superficie do planeta vermello”.

A partir dun vídeo de 240 s, o autor tirou proveito do 30 % dos fotogramas, combinándoos nunha soa imaxe.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un fermoso “Vidas Imaxinarias” de  Aira Editorial.

(ex aequo) Lume no forte de Fins Eirexas. Unha imaxe do cometa NEOWISE que resulta “interesante polo encuadramento e o simbolismo do cometa sobre o castro de Baroña”, un lugar icónico para moitas imaxes do ceo nocturno. Tamén destaca o xurado que “os tons pastel das diversas iluminacións danlle un toque case de cadro ao óleo”.

O ceo aparece toldado polo fume dos incendios próximos e reflicte a contaminación lumínica das vilas costeiras. O autor tirou 5 imaxes para o ceo e 4 para a paisaxe, todas de 75 s de exposición e a ISO 1600.

O autor recibirá un lote de regalos: varios libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, da Editorial Hugin e Mugin e de  Alvarellos Editora.

Ademais, os/as premiados/as puideron gozar do viños da Denominación de Orixe Ribeiro

no xantar ofrecido polo Náutico de Castrelo, ademais de exemplares adicionais de Museo Etnolóxico de Ribadavia, dos Museos Científicos Coruñeses e CD de música de Nigra Mors.

Poderías gostar de...

O cangrexo foi o primeiro

Imaxinade que sodes un astrónomo na busca da fama. Daquela, polo século XVIII, o máis doado era atopar un cometa, publicalo e agardar a que

Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025