Ceos Galegos20: premios do xurado “paisaxes celestes”

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Primeiro Premio

Macizo de Trevinca con luz de Lúa de Óscar Blanco. Non hai máis que admirar a imaxe a toda pantalla para concordar co xurado ao afirmar que se trata dunha “composición de cadro acertada, (…) tonos casí oníricos en neve e ceo. A neve no primeiro plano axuda a transmitir o frío do ceo de inverno”. Un lugar sen contaminación luminosa no que o propio luar aporta a luz necesaria. Incluso se albisca á constelación de Orión por riba é á esquerda das árbores, así como as Pléiades, un grupiño de estrelas á dereita do centro da imaxe.

A imaxe tirouse na noite de reis de 2021 e precisou de 13 segundos cunha ISO 3200.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo grande da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, unhas fermosas postais históricas de Alvarellos Editora e un fermoso “Unha noite no tren da Vía Láctea” de  Aira Editorial. Ademais, un premio económica grazas ás entidades patrocinadoras: Divulgacción, Clube Vega, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas

Segundo Premio

Ardora de Drew Korme. Un dos fenómenos do ano 2020, o mar de Ardora que durante varias noites se puido admirar na praia de Carnota, aprezada polo xurado neste premio. “A fotoluminiscencia do mar, unha non demasiado intrusiva contaminación luminosa e o toque do trípode do fotógrafo na praia coa luz vermella”. Tamén tivo en conta “ese contraste de tonalidades, entre o frío da bioluminiscencia e o cálido da contaminación lumínica dos núcleos de poboación”, ademais do “bo xogo das coloracións do mar de ardora, a imagen da Via Láctea da que parecen saír estrelas, e o resplandor do horizonte”.

Como durante todo o ano, os planetas Saturno e Xúpiter á esquerda da Vía Láctea, camiño da súa conxunción ao final do ano.

O autor recibiu un lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un fermoso “Vidas Imaxinarias” de  Aira Editorial.

Terceiro Premio

Aleixandrus por “Unha cúpula nocturna”. Xuntar unha paisaxe coñecida e senlleira, un ceo fermoso e un bo procesado non son sempre garantía de éxito, pero axuda moito. Así, esta “imaxe respira naturalidade tanto na luz e a cor da parte terrestre como na celeste. A Vía Láctea sen sobreprocesar respectando os tons do centro galáctico e dos brazos, mantendo a proporcionalidade no tamaño das estrelas que permite recoñecer algunhas constelacións.

As formación xeolóxicas en primeiro plano, así como o canón do Sil, danlle unha fondura de campo á imaxe moi acaída. No ceo, o arco da Vía Láctea enmarca á galaxa de Andrómeda, ese borronciño da esquerda, e aos planetas Saturno e Xúpiter na dereita.

O autor recibirá un lote de regalos: varios libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, da Editorial Hugin e Mugin e de  Alvarellos Editora.

Ademais, os/as premiados/as puideron gozar do viños da Denominación de Orixe Ribeiro no xantar ofrecido polo Náutico de Castrelo, ademais de exemplares adicionais de Museo Etnolóxico de Ribadavia, dos Museos Científicos Coruñeses e CD de música de Nigra Mors.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023