Ceos Galegos 20: premios do xurado “con telescopio”

Primeiro Premio

Festa Rachada de Fins Eirexas. Entre varios cúmulos e nebulosas da constelación de Auriga, unha parte xa con abundantes obxectos, apareceu desta volta o cometa C/2020 M3 ATLAS. Durante o confinamento do inverno de 2020 o autor tirou xeito do seu ceo urbano compostelán con bastante contaminación luminosa. O xurado salientou:

  • Unha paisaxe estelar chea de cor e co contrapunto do cometa que chama a atención.
  • Por estética, o cometa nese espectacular paisaxe de ceo fondo con obxectos de todo tipo.

Imaxe feita con cámara Nikon D600, filtro H alfa, teleobxectivo Nikkor AIS ED 180mm @f/4 recompilando 21 tomas de 60 segundos cada unha cunha sensibilidade ISO 1600.

O autor recibiu un lote de regalos: un lote de libros de Urco Editora, de Editorial Hugin e Mugin e do Consello da Cultura Galega. Ademais, un premio económica grazas ás entidades patrocinadoras: Divulgacción, Clube Vega, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas

Segundo Premio

Nebulosa da Meiga de Raúl Matos. Un imaxe publicada no noso blogue no mes de outubro de 2020 e que agora o xurado valorou:

  • Obxecto pouco visto, afastado dos típicos, ben resolto e procesado.
  • Obxecto pouco coñecido e delicado, obtido con moita adicación e precisión no equipo. A paleta de cores dálle orixinalidade ofrecendo un efecto de luz e contraste que aporta a sensación de “obxecto aceso”.

Para obter esta imaxe o autor empregou 15 horas totais de adquisición de datos, desde Cotobade (Pontevedra). Grazas a iso conseguiu un bo lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un fermoso “Vidas Imaxinarias” de  Aira Editorial.

Terceiro Premio

Nebulosa Norteamérica de Miguel Sánchez Varela. Imaxe que publicamos no noso blogue no mes de xullo de 2020 e da que alí tratamos polo miúdo. O xurado quixo salientar desta toma:

  • Encadre moi atinado, equilibra a imaxe en zonas escuras/ckaras compensando unha coa outra.
  • A nitidez das estrelas así como o reparto da nube dálle unha harmonía e beleza únicas.

O autor precisou de 15 tomas de 600 segundos cada unha, mediante filtro H alfa. Despois tivo que calibralas e amorealas para conseguir unha imaxe que lle valeu de premio varios libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, da Editorial Hugin e Mugin e de  Alvarellos Editora.

Ademais, todos/as premiados/as puideron gozar do viños da Denominación de Orixe Ribeiro no xantar ofrecido polo Náutico de Castrelo, ademais de exemplares adicionais de Museo Etnolóxico de Ribadavia, dos Museos Científicos Coruñeses e CD de música de Nigra Mors.

Poderías gostar de...

A pantasma dos Ancares de mudanza

Pode parecer arrepiante pero non é unha imaxe doutro mundo. En realidade é un fenómeno óptico que ten nome de seu: o espectro de Brocken.

Tres ducias de perseidas e moito máis

Unhas cantas horas de observación e 600 fotografías despois resultan nesta imaxe: máis de tres ducias de perseidas no mesmo cadro. Se prolongamos os ronseis

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Ceos Galegos 20: premios do xurado “con telescopio””

  1. Fe de erros: Contrariamente ao que se di no texto, a cámara non ten instalado un filtro H-alpha (banda estreita). É sensíbel a esta banda do hidróxeno porque o filtro interno que a maioría das cámaras dixitais traen de serie, e que corta o infravermello, foi substituído por un filtro transparente a esta radiación (e ao espectro visíbel tamén).

Os comentarios están pechados.