Ceos Galegos 20: premios do xurado “xente e ceo”

Primeiro Premio

Mar de Nubes de Enrique García. Unha imaxe que xa fora escollida polo noso proxecto para a portada de CeosGalegos21, en parte polos mesmos méritos salientados polo propio xurado. Trátase “dunha imaxe cunha forte carga emocional, transmite sensacións de ‘estar aí’ sentindo a luz e o silencio. Equilibra a luz mailos elementos en escena acadando unha forza visual e sensorial. Sen dúbida é magnífica.

Unha imaxe evocadora tirada desde o miradoiro do monte Muralla, entre os concellos de Lousame e Rianxo (A Coruña). 

O autor recibiu un lote de regalos: un lote de libros de Urco Editora, de Editorial Hugin e Mugin e do Consello da Cultura Galega. Ademais, un premio económica grazas ás entidades patrocinadoras: Divulgacción, Clube Vega, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas

Segundo Premio

Verde Galicia de Daniel Llamas. Unha imaxe que une moitos dos valores do país. No mesmo cadro atopamos flores, herba, cabaceiro, Vía Láctea e os planetas Saturno e Xúpiter. Tirada no conxunto etnográfico de San Román de Cervantes (Lugo). Unha panorámica de 2 fotos verticais, construída a partires de 6 tomas para a terra (en tres delas alumeando as construcións cunha lanterna) e 3 tomas para o ceo. E así o recoñeceu o xurado:

  • Pola dificultade do escorzo coas flors do primeiro plano.
  • Un traballo moi fino para os tres planos da imaxe, sen  que ningún se sobreexponga aos demais.

Grazas a iso conseguiu un bo lote de regalos: un queixo de tamaño medio da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un lote de libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un fermoso “Vidas Imaxinarias” de  Aira Editorial.

Terceiro Premio

Nos limbos de Fins Eirexas. Unha lúa chea no mes de xuño de 2020 gabea polas abas do Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña), un dos lugares favoritos do fotógrafo. Na hora dourada, canda o solpor, as cores e tons cálidas dominan a paisaxe. O xurado destacou a dificultade de obter o encadre e sobre todo o enfoque. Tambén é de salientar a focal empregada fronte ás panorámicas abundantes nesta sección.

O autor obtivo un lote con varios libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, da Editorial Hugin e Mugin e de  Alvarellos Editora.
Ademais, todos/as premiados/as puideron gozar do viños da Denominación de Orixe Ribeiro no xantar ofrecido polo Náutico de Castrelo, ademais de exemplares adicionais de Museo Etnolóxico de Ribadavia, dos Museos Científicos Coruñeses e CD de música de Nigra Mors.

Poderías gostar de...

O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo que saibas que hai auroras inauditas coa rubién do que

Imaxe de telescopio na nebulosa Augamar

Unha augamar para a portada

Hai 30 000 anos unha estrela estoupou, enchendo o espazo ao seu redor dos materiais que foi creando no seu interior. No lugar da estrela

Os cometas son como os gatos…

…ámbolos dous teñen cola e son impredicibles. O cometa C/2023 A3, tamén coñecido como cometa Tsuchinshan-ATLAS, apareceu publicado en xornais como o “cometa do século”,

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025