A Lúa atopa ao Sol, por pouco

Todos os anos hai eclipses de Sol e de Lúa. Os de Lúa son visibles en case todo o planeta. Os de Sol son máis exquisitos; só unha franxa de terreo limitada ten a sorte de que a sombra lunar a atravese. Porque diso se trata, a Lúa interponse entre nós e a nosa estrela, provocando que a súa sombra nos afecte.

Os ingredientes para ter unha eclipse de Sol son sempre:

  • fase de Lúa nova, pois a aliñación espacial que temos é Terra-Lúa-Sol
  • que o plano no que a Lúa orbita á Terra se corte co plano no que a Terra orbita ao Sol nesa mesma liña

Porque si, sempre que hai Lúa nova están aliñados Terra-Lúa-Sol. Pero non sempre eses puntos de interesección dos planos están na mesma liña, polo que poucas veces hai eclipses solares. Pensándoo doutro xeito, en case todas as fases de Lúa nova o noso satélite está un pouco por riba ou un pouco por baixo do Sol, agás cando hai eclipses.

Así foi o 10 de xuño de 2021 no que os habitantes do norleste canadiano, Groenlandia e norte ruso gozaron dunha eclipse total de Sol. Foi unha eclipse de tipo anular; no momento central o satélite non deu ocultado por completo á estrela, aparecendo un anel de luz ao redor. E, nos territorios ao norte e ao sur da anularidade a eclipse foi parcial. Iso pasou no noso país, con mínimas variacións das porcentaxes de ocultación entre o 20 e o 23 por cento.

A imaxe publicada permítenos ollar a redondez da Lúa a contraluz do Sol. Sobre a súa superficie o burbulleo das células de plasma que sube do interior e baixa de novo, cunha característica aparencia de pel de laranxa. Sobre ela destacan unhas pequenas manchas solares de cor negra e varias fáculas, zonas algo máis claras e difusas. Tirada desde o IES de Salvaterra do Miño (Pontevedra), o autor empregou a súa cámara Nikon D750 un obxectivo Tamron 150_600mm a 600mm, cun filtro consistente nunha lámina solar Baader. Foi un disparo único a velocidade 1/2000 e sensibilidade ISO 100, realizada uns minutos antes do máximo ás 11:26.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026