Dous camiños, dous destinos

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Primeiro plano do campamento romano Aquis Querquennis coa vía láctea no ceo.

Arriba, no ceo, hai un camiño de estrelas. Abaixo, na terra, hai un camiño de pedras. O camiño de arriba non leva a ningures; aínda que o seu nome diga o contrario. O camiño de abaixo comunicaba dúas cidades romanas.

A Vía Láctea coñécese popularmente como o Camiño de Santiago. A tradición, contida no Códice Calixtino, asegura que a súa orientación celeste permitía aos peregrinos medievais chegar deste Europa a Compostela. Non é certo, pois debido á rotación terrestre todo o ceo nocturno parece xirar ao redor da estrela Polaris, que marca o norte. Por contra, localizando esta estrela ben permitiría viaxar por territorios sen mapa para chegar á meta da catedral do apóstolo. O propio nome da nosa galaxia alude a un dos contos que empregaban os gregos para explicar a súa orixe. A Vía Láctea sería un rego de leite deixado pola deusa Hera ao apartar ao neno Heracles que trataba de ser amamantado.

As pedras terrenais conforman os restos do campamento romano Aquis Querquennis, situado na Vía Nova romana ou Vía XVIII que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga, Portugal) e Asturica Augusta (Astorga, León). Ao atravesar a actual provincia de Ourense entrando polo sur e saíndo polo leste permitía a comunicación de todo o país co resto do mundo.A imaxe, tirada a comezos de xullo de 2021 aproveitando unha noite de Lúa Nova, amosa en primeiro plano o pozo do campamento situado no concello de Bande (Ourense). A panorámica está creada a partires de 11 tomas do ceo cunha cámara Sony ILCE-7M2, ISO 3200, cada unha con 20 segundos de exposición. Para a paisaxe precisáronse 9 tomas de 121 s de exposición cada unha a ISO 800.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023