Isto é un radiante

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Un radiante é algo que irradia. No caso das choivas de meteoros (ou choivas de estrelas), o punto do ceo do que parecen saír. Si, “parecen saír”, está ben dito. En realidade é unha chea de refugallos de xeo suxo dun cometa ou asteroide que están no espazo, máis ou menos móbiles. A Terra no seu xiro ao redor do Sol bate contra eles. A propia Terra vai xirando sobre si mesma. Por iso, podemos calcular o momento no que impacta de fronte con esa nube de refugallos e predicir que pode haber un máximo de meteoros. Máis ou menos, claro, porque o número de variables é moi elevado e, sobre todo, baséase nos conteos de anos atrás. Podemos imaxinar como un coche que de repente bate cunha nube de mosquitos e todos parecen vir a nós.

Os ronseis que deixan no contacto coa atmosfera son paralelos pero, por perspectiva, parecen provir dun só punto no ceo. Como os raíles dunha vía de tren que, aínda sendo paralelos, na distancia parece que van confluíndo nun punto polo efecto da perspectiva.

Se ao longo da noite imos marcando os ronseis detectados e os prolongamos cara atrás, de onde pareceron saír, ese é o radiante da chuvia.

No caso das perseidas, activas entre o 17 de xullo deica o 24 de agosto, o seu radiante está na constelación de Perseo. O seu descubridor foi John Locke, director dun instituto en Ohio (EUA), coa choiva de 1834. Situouno correctamente na constelación do heroe mitolóxico grego, pero púxoo na estrela Algol equivocadamente.

A imaxe foi tomada desde a praia de Piñeirón en San Vicente (O Grove, Pontevedra). Recolle 5 imaxes de 25 segundos de duración cada unha, a ISO 400 e f 3.5. O fotógrafo tirou ducias de fotos para cazar 4 ronseis dos meteoros das perseidas ás 0:41, 1:03, 1:04 (a máis brillante) e 1:10 da madrugada do 12 de agosto de 2021. A dereita do meteoro máis curto, que está no centro da imaxe, destaca a galaxia de Andrómeda como un borranchiño de forma ovalada.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023