A meirande cola do Sistema Solar

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

A cola máis grande do sistema solar pertence a un planeta. Si. O planeta é Mercurio. Non, Mercurio non é un cometa. Si, é un descubrimento recente, de primeiros deste século, aínda que a hipótese é dos 80 do século pasado. Non, esta información aínda non chegou aos libros de texto.

O planeta Mercurio está tan preto do Sol que a temperatura da superficie é abrasadora. Xunto co seu pequeno tamaño e baixa gravidade provocan que non teña atmosfera. Ou, polo menos, unha atmosfera como a doutros planetas, densa, con nubes e demais parafernalia meteorolóxica. Porén, conta cunha fina atmosfera que vaise perdendo no espazo exterior pola forte presión dos ventos de partículas solares. Isto provoca a formación dunha cola que chega aos 24 millóns de quilómetros de distancia. Imperceptible de primeiras, un astrónomo amador pode detectala sabendo que a chave está no sodio; un dos elementos presentes nesa cola. Por que? Porque este elemento difunde moi ben a luz amarela. Lembrades as farolas de antes da praga dos LED que tiñan unha luz amarela e cálida? Eran lámpadas con vapor de sodio.

Cun Mercurio baixo no horixonte terrestre, a propia atmosfera axudará a filtrar parte da luz. Algo de técnica fotográfica, algún filtro que potencia esa parte da luz amarela do sodio, algo de procesado informático, invertir as cores… et voilá. A imaxe de hoxe serve de testemuño da existencia desa cola de sodio mercuriana.

Por certo, o planeta máis achegado ao Sol volve está agora no seu punto de maior afastamento da estrela, desde o punto de vista terrestre; denominado elongación máxima. Así que estes días son os máis favorables para ollalo xusto tralo solpor. Se non hai nubes. Nin edificios. E, se sabes algo de fotografía… 

A imaxe foi tirada en Santiago de Compostela na anterior elongación máxima de Mercurio, a mediados de maio de 2021. Tenue, pero es estrutura que vai deixando atrás Mercurio concorda coa forma da cola de sodio que debe ter.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023