A forxa dunha galaxia

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Á esquerda, unha torre. A dereita, un burato negro. A primeira está a uns metros de distancia. De feito, púidose alumear para saír no retrato. O segundo, está ben máis lonxe; coma uns 26 600 anos luz. Unha distancia moi difícil de asimilar para a escala humana. Pero pensa que, se quixéramos comunicarnos con alguén que estivera alí, a nosa comunicación demorariase todos eses anos en chegar. Máis outros tantos en recibir a resposta. E non coñecemos nada máis rápido que a luz. Aínda.

En realidade, non vemos o burato negro nesta imaxe. Por definición é imposible de ver. Pero sabemos que está aí, nesa zona da Vía Láctea que se perde por detrás do horizonte da Limia. Entre as constelacións de Arqueiro, Escorpión e Serpentario ubícase o centro galáctico. E, dominando toda a galaxia da Vía Láctea, Sgr A* que é o nome un tanto críptico que recibe o burato negro supermasivo. Non sabemos aínda que foi antes, se o burato negro, a galaxia ou se formaron á vez. Si sabemos que a gran maioría de galaxias grandes coma a nosa teñen no seu centro algo do mesmo estilo. Cada vez parece máis claro que a súa presenza ten moito que dicir na evolución das galaxias e na súa capacidade para formar novas estrelas.Nesta imaxe, o centro galáctico aparece á dereita da torre da Forxa (Porqueira, Ourense). Un antigo lugar de vixilancia da zona fronteiriza que agora parece vixiar como o centro galáctico desaparece polo horizonte, dicindo adeus ao “ceo do verán” para dar paso ao “ceo do outono”. O resultado de amorear 10 tomas individuais tiradas o pasado mes de agosto para obter todo ese detalle do ceo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023