Medir o mundo cunha regla

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Secuencia da eclipse de Lúa sobre o cabo Vilán

Se tes un martelo todo son cravos. Na Grecia clásica tiñan a xeometría. Así que todo era reducido á xeometría e as formas perfectas. De aí que cunha terra no centro do mundo (aínda que filósofos como Aristarco discreparan) e unhas órbitas circulares, só había que aplicar as reglas da xeometría terrestre para medir o mundo. Proporcións, triángulos semellantes, ángulos… ao longo duns centos de anos a estrutura do universo abriuse aos seus ollos.

Foi precisamente Aristarco de Samos (século III a.C.) quen, ao observar as eclipses de Lúa e a sombra da Terra sobre o noso satélite, deduciu que esa sombra era 2,5 veces máis grande que a superficie lunar. Aristarco sabía que o Sol era moito máis grande en tamaño, polo que as raiolas desbordaban polos bordos da Terra e se verían refractados cara o interior, facendo que esa sombra fose máis pequena do que se vía. Estimou esa contracción deducindo que o noso planeta sería 3,5 veces máis grande que o noso satélite.

Aí quedou o conto. Aínda non aparecera Eratóstenes quen mediu o tamaño da Terra cun pau de madeira anos máis tarde. Pero no ano 150 a.C. Hiparco de Nicea recollerería estes achádegos para atopar valores desas medidas moi parecidos aos reais..

O venres gozamos dunha eclipse parcial de Lúa. Abondo para comprobar que esa sombra que proxectou a Terra sobre o satélite tiña un radio moito máis grande que o da superficie lunar. Abondo para decatarnos de que esa sombra da Terra tiña un perfil circular. Abondo para comprobar a fermosura do baile cósmico e do noso ceo. E, de regalo, aprezamos no horizonte o cinto de Venus e a propia sombra do planeta que vai desaparecendo por baixo do horizonte mentres se abre o amencer.E foi abondo para que o noso fotógrafo fixera varias tomas a partires das 8:05 da mañá con intervalos de 2 minutos e 1 segundo para comprobar como evolucionou a eclipse antes de que a Lúa se perdera polo horizonte. Empregou a súa cámara Sony A7III cunha apertura de f/8, velocidade 1/13 e sensibilidade 800. Nas imaxes sobre cabo Vilán (Camariñas, A Coruña) aproveitou a presenza dun dos faros máis icónicos da Costa da Morte.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023