Ao final o cometa Leonard resultou un chisco máis complexo de observar e de fotografar. Pero queda xa para sempre connosco con estas imaxes captadas polos colaboradores do proxecto. Uns datos para a lembranza:
Denominación: cometa C/2021 A1 (Leonard).
Descubrimento: o 3 de xaneiro de 2021 por G. J. Leonard desde o observatorio do monte Lemmon (Arizona, EUA).
Perihelio: o 3 de xaneiro de 2022, a 0,6151 unidades astronómicas (entre as órbitas de Mercurio e Venus).
Periodo orbital: uns 80 000 anos.
Queres que incorporemos as túas imaxes de Leonard á nosa galería? Envía a fotos@ceosgalegos.com indicando lugar da toma e datos técnicos, así como o nome do/a autor/a e as túas redes sociais.
- Imaxe 1: o cometa Leonard desde o miradoiro da Madroa (Vigo). Imaxe de Pablo Martínez Alemparte tirada o 16/12/2021 coa súas Canon EOS60D.
- Imaxe 2: o cometa Leonard desde Camariñas tirada polo Fins Eirexas. O cometa estaba a menos de 5 graos sobre o horizonte. Composición de 10 tomas de 5 segundos cada unha coa súa cámara Nikon D800 full spectrum e obxectivo Nikkor AIS ED IF 300mm @f/4 ISO 320.
- Imaxe 3: o cometa Leonard por riba do faro de Cabo Vilán (Camariñas, A Coruña). Combinación de 5 tomas de 8 segundos e outra adicional para a paisaxe, tirada polo Fins Eirexas coa súa cámara Nikon D600 full spectrum e obxectivo Nikkor AIS ED IF 300mm f/2,8 8s ISO 640.
- Imaxe 4: o cometa Leonard sobre a catedral de Santiago de Compostela o 16 de decembro, cunha ampliación no recadro. Imaxe tirada a pulso, sen trípode, polo Fins Eirexas.
- Imaxe 5 e 6: o cometa Leonard desde Vila de Cruces (Pontevedra) sobre o monte Xesteiras. Imaxes tiradas por José Ramón Moire o día 14/12/2021, sobre as 19:00 aproximadamente.
- Imaxes 7, 8 e 9: o cometa Leonard sobre Lorbé (A Coruña), por Niko Sisto, os días 16, 17 e 18 de decembro respectivamente.
- Imaxe 10: o cometa Leonard por Javi Castro o 12 de decembro, desde o miradoiro do monte Ancos (Neda, A Coruña). Feitas coa súa Olympus OMD EM5 e obxectivo Sony 50 mm, combinando dúas imaxes de 60 segundos con ISO 800 para o ceo e de 2,5 segundos con ISO 1600 para a terra.