A entrada da caverna cósmica

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Para entrar nesta cova hai que saber o contrasinal. Na porta, un enorme monstro controla o paso. Aí o está, pendurando desde o alto. Unha enorme columna de gas desvela a súa presenza. Enorme porque, en realidade, ten unha lonxitude de 20 anos luz. O seu nome, vdB 142, apenas arrepía. O seu alcume, a trompa de Elefante, é bastante máis acaído.

Forma parte dun complexo de po e hidróxeno que recibe o nome de IC 1396, na constelación de Cefeo, a uns 3 000 anos luz de distancia. Todo ese material son os compoñentes necesarios para formar novas estrelas. De feito, cada un dos filamentos da imaxe agocha no seu interior protoestrelas que, no futuro, darán lugar a novos soles. Son os ventos estelares das estrelas do interior as que van erosionando, pulindo e comprimindo o material existente. Recentemente véñense de descubrir 100 estrelas novas na nebulosa. Toda a área da imaxe abarca un diámetro equivalente a unhas 10 lúas cheas no noso ceo.

A imaxe é excepcional, cunha calidade marabillosa pensando que está feita desde Ares (A Coruña). A autor creouna a partires de tomas tiradas coa cámara ASI2600MM acoplada a un telescopio, empregando filtros H-alfa, OIII e SII. Cada unha levoulle 900 segundos de exposición. Deste xeito, podemos albiscar a presenza de átomos de hidróxeno, osíxeno e xofre polas cores verde, azul e vermella, respectivamente.O conxunto é tan fermoso que aparece na nosa edición #CeosGalegos22 e, incluso, podemos xogar con ela.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

A nebulosa da Media Lúa

A estrela WR136 non desapareceu. Pertence a un tipo de estrelas moi estrañas denominadas Wolf-Rayet. Son estrelas moi masivas, con vidas moi frenéticas e tempestuosas

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023