Solis irae

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

O noso Sol ten rabechas. A súa vida adoita parecer apracible. Aí o está, coa súa cor amarela no noso ceo, emitindo luz e calor que permiten a existencia de vida no planeta Terra. Mais non é tal. No seu interior o plasma, unha sustancia moi especial que nin é gas, nin sólido, nin líquido, está en circulación continua de dentro a fóra, nun fluxo continuo. Así o podemos ver nese granulado da imaxe, coma se fose unha pel de laranxa. As partes superiores desas celas de fluxo de material que sobe e baixa.

Pero, ás veces, pasan cousas. Destacan no limbo, o bordo da estrela, unha especia de labaradas que se perden no espazo. O nome técnico que receben é prominencias solares. Na imaxe, se o Sol fose un reloxo, podemos ver as máis espectaculares nas 2, nas 3, nas 10 e nas 11 “horas”. Pero tamén hai unha fermosa con forma de arco nas 5, material que sae e volve caer, e unha columna máis feble nas 7. Son execcións de masa coronal desde a estrela ao espazo. Enormes cantidades de plasma (case todo electróns e protóns) guindados e formando parte do vento solar. No caso de que impactaran na Terra, durante a órbita do planeta ao redor do Sol, crean as fermosas auroras polares; pero tamén poden provocar problemas eléctricos en satélites espaciais, saúde dos astronautas e moito máis.

Hai moitas máis cousas que destacan na imaxe, como as liñas e zonas escuras que  (prominencias solares que vemos desde arriba); ata catro conseguimos contar. E puntos brillantes, case brancos, denominadas fáculas, asociadas a zonas de moita actividade onde adoitan aparecer as manchas solares da fotosfera, que se considera a superficie solar. Porque o que estamos a ver é a cromosfera solar, unha capa superior á fotosfera, máis afastada do núcleo pero moito máis quente que a fotosfera. Algo que non se comprende ben de todo.

A fermosa imaxe tirouse desde a cidade de Ourense o día 12 de xaneiro, preto do mediodía, empregando un telescopio específico para a observación solar LUNDT LS60T cun filtro  H alfa e unha cámara ASI 290 MM acoplada. Con procesado informático posterior.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023