Unha Lúa aberrante

A Lúa é redonda. Ou case. Ou non. Neste caso aparece bastante chafada. Pero a realidade é mais complexa. O Lúa nin sequera está aí.

A liña de visión do fotógrafo atravesa varias capas de inversión térmica; capas atmosféricas superiores que están máis quentes que as inferiores, o que retorce o camiño do luar. As de arriba están formadas polo aire quente que procede da liña da costa que sobe por riba do aire frío do océano Atlántico. Iso provoca que a atmosfera actúe coma unha lente distorionadora, responsable desa aparencia ovoide. A cor amarelada débese a que a luz do Sol, no punto oposto ao fotógrafo e recén posto, é refractada pola propia atmosfera cara a parte vermella e amarela do espectro, o arco da vella. Ese día do 18 de xaneiro as 18:55 horas a Lúa viña de ser chea unhas horas antes.

Esta Lúa aberrante engádese á nosa colección de fenómenos de óptica atmosférica cazados nos nosos ceos; xunto co noso Sol aberrante do mesmo autor.

A imaxe aparece enmarcada polo faro máis famoso de todo o país, a Torre de Hércules (A Coruña). Se o tamaño da Lúa parécenos enorme débese ao uso dun teleobxectivo por parte do fotógrafo. O noso colaborador valeuse da súa cámara Sony ILCE-7M3, un tempo de exposición dunha décima de segundo, ISO 800 e F 8.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026