Triplete de Leo, premio do público 2021

Ver tres galaxias moi preto do ceo é posible, se contas cun telescopio, aínda que sexa pequeno. Sen dúbida, unha das imaxes máis impactantes para os amadarores da astronomía. Son tres galaxias no mesmo campo de visión; e as tres están en interacción.

O grupo recibe o nome de “triplete de Leo”, pois están nesa constelación que nos ceos da primavera se ergue na parte sur do noso ceo. As tres son galaxias de tipo espiral, pero amosan diferente orientación cara nós. Así pasa coa de abaixo, NGC 3628, case de canto desde o noso punto de vista. Na detallada imaxe destacan os corredores de po escuro atravesando o seu plano galáctico. Por riba dela aparecen M65 e M66 respectivamente, ámbalas dúas cunha clara estrutura espiral. Na segunda agroman uns brazos moi estricados apuntando a M65, unha chea de hidróxeno e estrelas atraídas pola outra galaxia. O caso é que as tres galaxias están a interaccionar gravitacionalmente entre elas. Esta relación deforma a súa estrutura actual e pode facer que no futuro se vaian achegando máis ata colisionar.

O resto de estrelas que adornan a imaxe pertencen todas á nosa propia galaxia, estando en primeiro plano. A imaxe abrangue uns 500 anos luz de diámetro, coas galaxias ubicadas a unha distancia duns 30 millóns de anos luz de nós.

Esta imaxe de Ángel Arós foi o primeiro premio (ex aequo con outra do mesmo autor) na votación do público do noso concurso Mellores Imaxes Ceos Galegos 2021 na categoría Con Telescopio.

Poderías gostar de...

O cangrexo foi o primeiro

Imaxinade que sodes un astrónomo na busca da fama. Daquela, polo século XVIII, o máis doado era atopar un cometa, publicalo e agardar a que

Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025