O arqueiro mailo atlante

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

No faro, o Atlante parece proxectar a súa sombra sobre o ceo, no horizonte. O seu perfil de bronce parece cadrar con esa zona escura da Vía Láctea, xusto onde se atopa o burato negro central da nosa galaxia, Sgr A*. O primeiro está a uns metros de distancia, o segundo está a chorrocentos quilómetros (27 700 anos luz, por sermos precisos). Xusto entre o Atlante e a Vía Láctea ubicamos a constelación do Arqueiro ou Seteiro, unha das 88 constelacións oficiais do ceo nocturno.

O arco da Vía Láctea arrodea o faro de Punta Nariga en Malpica de Bergantiños (A Coruña). A súa construción, na última década do século XX, creou un dos puntos máis emblemáticos da ruta dos faros que transcorre pola Costa da Morte. A forma en arco da Vía Láctea non é real. Aparece así na imaxe porque se construíu a partires de unir máis dun cento de imaxes individuais, creando unha panorámica do que se ve en medio ceo se imos movendo a cabeza dunha beira a outra. Noutras palabras, estamos proxectando nun plano unha imaxe que é semiesférica.

Unha das singularidades aparece á esquerda da imaxe, onde aprezamos certo ton verde que camufla a escuridade nocturna. É un fenómeno natural captado pola longa exposición da cámara fotográfica, denominado luminescencia nocturna. As moléculas da atmósfera liberan os fotóns que capturaron da luz solar durante o día, correspondendo estes á cor verde. A simple vista teriamos que ir a un lugar moi, moi escuro para poder adiviñala.

Se visitas agora o faro tamén terás que adiviñar a forma do Atlante de Manolo Coia. O orixinal foi roubado por unha persoa coa que compartimos o aire que respiramos, e pouco máis.A imaxe, pola súa boa combinación de elementos diferentes foi escollida para o noso proxecto #CeosGalegos22 que moitos de vós tedes na casa, no mes de outubro. O autor empregou unha madrugada do mes de xullo de 2021 coa súa cámara Nikon D7500 a ISO 3200, con 15 segundos de exposición para cada unha das 168 imaxes empregadas para elaborar a panorámica.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023