Fóra da caverna vai a realidade

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Era o mellor dos tempos, era o peor dos tempos.

Eran a greta e a gruta, a luz da miña vida era.

Eu cantar cantar cantei. Nocturna ou voz. Cafurna.

Dende un furado que sobrevivirá á escrita

levantar a vista. A folla do almanaque.

Fluír no que creba.

Estíbaliz…Espinosa en #CeosGalegos23

No interior da cova hai sombras. Son a proxección da luz que entra desde o exterior. Ben sexan as raiolas solares, o luar ou as fogueiras da entrada. En todo caso, as sombras son nunha proxección da realidade.

Se te asomas á entrada aparece unha noite chea de estrelas e nubes. As primeiras, apenas son uns puntos de luz. Non alumean a pesares de seren a maioría meirandes có noso Sol. A razón, están demasiado afastadas de nós. Será por iso? Arriba e á esquerda salienta Altair, a estrela máis brillante da constelación da Aguia. Está a uns 17 anos luz de distancia de nós. É unha estrela que rota cunha gran velocidade, case 300 quilómetros por segundo, o que provoca que teña unha forma oblonga. Clasifícase como unha estrela branca e ten case o dobre de masa e 11 veces máis luminosidade có noso Sol.

Desde o medio da entrada da caverna cara abaixo percibimos a Vía Láctea, parcialmente oculta por nubes de vapor de auga terrestres. Se a percorremos axiña aparecen pequenas manchas rosadas que son nubes de po e gas hidróxeno, onde se están a formar estrelas agora mesmo.

Á esquerda da Vía Láctea, xusto por riba do horizonte, un feixe de estrelas brillantes perfilan a constelación do Arqueiro ou Seteiro. A dereita unha estrela amarelada resulta ser Antares ou o corazón do Escorpión. E, por riba do salente de rocha da entrada, entre esas estrellas que pasan desapercibidas está unha chamada Rosaliadecastro. A súa magnitude aparente é 7,9, moi por riba do límite visual de 5 en noites escuras. Pero a imaxe, realizada a partires de 5 fotografías de 45 segundos de exposición para o ceo, consegue captar a luz de estrelas fóra do límite do noso ollo.

Evidentemente, na costa terrestre, o exceso de alumeado artificial ameaza con borrar todas as sombras e as luces naturais, impedido que poidamos ver a realidade.

A imaxe, tomada desde o interior da furna de Osmo (Corme, Ponteceso), é portada da edición #CeosGalegos23.

Que a Unión Astronómica Internacional chame a unha estrela Rosalía de Castro é unha das proxeccións máis singulares da galeguidade no eido da astronomía, froito dun esforzo coral liderado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Está situada a 240 anos luz e ten unha magnitude de 7,9 (cómpren prismáticos para vela). O único exoplaneta que se lle coñece ata agora chámase Río Sar, cun período orbital de 4,1 días.

Jorge Mira en #CeosGalegos23
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023