Historia de dous arcos

Olla a imaxe, hai dous arcos. Velos? Son reais? Pois un si. Outro non.

Na terra hai un arco de pedras. Levoulle tempo formarse. Os movementos tectónicos que deron lugar a este territorio tiveron lugar hai uns 500 millóns de anos. Pode parecer moito tempo; durante ese periodo o noso Sol apenas deu un par de voltas ao redor do centro da galaxia da Vía Láctea. Dúas das 20 voltas en total que leve desde que existe a nosa estrela. Estamos na praia de Augas Santas (ou das Catedrais, de xeito popular), no concello de Ribadeo (Lugo). Uns cantís formados por rochas graníticas e pizarras nos que a erosión continua do mar (coa axuda do vento) vai formando furnas, arcos (ao se uniren 2 furnas opostas) e derrubamentos. Aí está arco terrestre da imaxe. Un anaco da “rasa costeira” na que se atopa a Mariña Lucense e se estende ata San Vicente de la Barquera (Cantabria).

No ceo hai un arco de estrelas e po cósmico. Está formado pola Vía Láctea. É un arco ficticio, creado pola combinación de varias imaxes que retratan medio ceo. Estamos vendo a proxección no plano de algo que na realidade ocupa case media esfera, a que vai desde noroeste no extremo esquerdo ata o suroeste, no extremo dereito. Se estiveramos alí terïamos que mover a nosa cabeza dunha beira á outra. Na parte do arco que cae á dereita do medio aprezamos tres estrelas brillantes que parecen apertar a Vía Láctea. Por riba están Vega, a máis alta, e Deneb, nas constelación da Lira o o Cisne, respectivamente. Por baixo pecha o chamado “triángulo de verán” Altair, na Aguia.

Como en todas as partes, a contaminación luminosa do horizonte provocada por Ribadeo, Barreiros, A Lourenzá… perturban a observación do ceo.

O autor creou a panorámica a comezos do mes de xuño de 2022. Para as tomas do ceo necesitou 15 segundos de exposición. Para as da terra, 30 segundos, cunha sensibilidade máis alta e poder captar así os reflexos das estrelas na auga do océano e as estruturas xeolóxicas do cantil. Todo coa súa cámara Sony ILCE-7M2 e diferentes obxectivos. E forma parte da edición #CeosGalegos23 ocupando o mes de maio.

Poderías gostar de...

Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo que saibas que hai auroras inauditas coa rubién do que

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025