Fusión nuclear en Ourense

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Aí o está, unha auténtica central de fusión nuclear en activo. Queres saber como funciona?

No núcleo desta central os átomos de hidróxeno, o combustible, únense para formar átomos de helio. Pasamos de ter átomos cun só protón e ter átomos con dous protóns. Esa reacción, de fusión, xera moita enerxía. É bastante máis complicada; son catro os átomos de hidróxeno necesarios xunto coa presenza dalgún átomo de carbono que faga de catalizador. Como só se crea un átomo de helio, a masa resultante e que faltaría para manter o equilibrio da reacción é a que forma a enerxía liberada tal e como recolle a máis famosa ecuación de Einstein, a da E = M·c2. Todo isto a uns 15 millóns de graos Kelvin de temperatura e unhas presións elevadísimas.

Os fotóns ceibados seguen reaccionando sendo absorbidos e ceibados de novo na súa viaxe ata a superficie. Calcúlase que poden tardar un millón de anos en manifestarse en forma de luz visible, dispostos para seren fotografados por nós. Unha vez saen do Sol, a súa viaxe ata a Terra para darnos luz e calor é máis breve, só oito minutos.

A imaxe, tirada desde a cidade de Ourense, amósanos a parte do Sol chamada cromosfera. Xusto por baixo da parte “visible” do Sol ou fotosfera, a que vemos cando proxectamos a súa imaxe nunha parede (nunca debemos mirar ao Sol directamente, pode provocar danos oculares permanentes). Conséguese cun trebello especial chamado filtro H-alfa. Así, podemos percibir ese burbulleo característico ou pel de laranxa: son campos de plasma que xorden do interior, asoman e volven a caer cara dentro. Polo limbo aparecen unha chea de chorros de material que o Sol guinda ao espazo: son as execcións de masa coronal. Os fíos brillantes que vemos pola superficie son o mesmo, pero vistos en perspectiva vertical. Cando esas partículas expulsadas chegan a Terra o campo magnético que arrodea o planeta as desvía, dirixíndoas cara os polos. Alí poden producir as fermosas auroras, ao interaccionar cos átomos de osíxeno e nitróxeno da atmosfera. As zonas máis escuras correspóndense ás manchas solares, zonas nas que se rompeu de xeito temporal ese fluxo de plasma movéndose e que están máis frías que o resto.

Pensa que todas as enerxías que empregamos na Terra, agás a nuclear (que provén de fisionar átomos de Uranio), teñen a súa orixe nos fotóns que chegan do Sol.

Esta imaxe é tan espectacular que lle buscamos un oco na edición anual de #CeosGalegos23 onde, cos seus 50 cm de impresión en papel, aparece espectacular.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

A nebulosa da Media Lúa

A estrela WR136 non desapareceu. Pertence a un tipo de estrelas moi estrañas denominadas Wolf-Rayet. Son estrelas moi masivas, con vidas moi frenéticas e tempestuosas

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023