Os seis planetas á vista

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Hai veces nas que o ceo nos regala espectáculos excepcionais de balde. Estes días está a pasar, por primeira vez en 20 anos. A ollo nu podemos descubrir todos os planetas “clásicos” do Sistema Solar. Isto é, aqueles que xa eran coñecidos na antigüidade polos primeiros astronómos, ao se decataren de que non eran estrelas fixas no ceo. Aí o están, Mercurio, Venus, Saturno, Xúpiter e Marte. Os dous primeiros presentan unha fermosa conxunción, xa que Venus está a pasar por baixo de Mercurio para situarse á súa esquerda. Tamén a Lúa está a pasar agora por esa zona, avanzando na súa fase de cuarto crecente.

A casualidade é que desde o noso punto de vista estamos todos os planetas á esquerda do Sol. Por iso, xusto tralo solpor, podemos velos todiños. Tamén polo medio e na mesma liña andan Neptuno (preto de Xúpiter) e Urano; para descubrilos cumpriría un telescopio. Que os planetas estean en liña é o normal, todos teñen órbitas máis ou menos no mesmo plano ao redor do Sol. Por tanto, desde a nosa perspectiva galega no planeta Terra sempre se moverán pola zona sur do ceo, aproximadamente seguindo a mesma corredoira. Ao igual que a Lúa e o Sol, como é natural.

A medida que pasen os días Mercurio xa se perderá na luz do Sol e deixará de compartir este aliñamento. Despois tocaralle á Venus e así, según pasan os meses e todos os planetas seguen a orbitar ao redor do Sol cada un a unha distancia e cunha velocidade diferente. Lembra que tes que buscar unha zona co horizonte sudoeste o máis baixo e despexado posible. O ideal sería na costa ou subirte a unha montaña. Só tes que agardar a que se poña o Sol, sobre as 18:10 horas nestes finais de decembro de 2022 (un par de minutos máis cada día) e axexar a que vaian aparecendo as primeiras luces no ceo, que seguro serán planetas. Podemos distinguilos das estrelas en que a súa luz non escintila.

Por certo, falabamos de seis planetas. U-lo sexto? Coma sempre, baixo os teus pés.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023