As loairas, como as ameixas, mellor do Carril

Un xogo de luz e sombras. Sol e nubes. Entre os ocos que deixan as nubes sobre o horizonte pasa a luz solar. Este efecto ten un nome técnico e aburrido: os raios crepusculares. Pero contamos tamén cunha denominación patrimonial e máis fermosa: as loairas. As loairas parecen provir dun punto que coincide coa posición do Sol tralas nubes. En realidade son raiolas paralelas que, desde a nosa perspectiva, dá outra impresión. É o mesmo efecto que temos ao mirar como se perden os raís dunha vía do tren no horizonte xuntándose os dous carrís.

A aparición das loairas débese á presenza de pequenas pingas de auga, po, aerosois diversos e as propias moléculas de aire que esparexen a luz solar. O efecto medra pola presenza de nubes que bloquean a luz en certos lugares, xerando as franxas escuras que non son máis que as sombras proxectadas desas nubes.

A pesares do que indica a súa denominación non é preciso que esteamos nun amencer ou nun solpor para ollalos, aínda que neses momentos do día sexan máis frecuentes. Así reciben tamén o nome de “escada de Jacob” polas súas referencias bíblicas. Un fenómeno natural para gozar, aínda máis cando sabemos o seu nome e como se forma.No porto do Carril (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), captou o noso autor estar fermosas loairas en xaneiro de 2022. Tirou unha soa imaxe con 5 segundos de exposición, coa súa cárama Sony a7III e obxectivo Tamron 28-75 mm usando f 2.8 e ISO 50. Descoñecemos se aproveitou para degustar as famosas ameixas do Carril, pero si que lle valeu para que a imaxe fora escollida para o mes de xuño de #CeosGalegos23.

Poderías gostar de...

Marchou o Alfredo

Pasou hai uns días, pero foi para sempre. Forma parte da media ducia de colaboradores grazas aos cales puidemos iniciar este proxecto no outono de

Eclipse de Lúa, eclipse de Sol

Van en parellas. Sabías? Hai uns días tivemos unha eclipse lunar total, o da foto. Dentro duns días teremos unha eclipse solar parcial. No primeiro,

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025