Forzas do ar, terra, mar e lume

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro; o monte Seixo está cheo de tradicións lendarias que fan pensar que na época castrexa ben podía ser un monte sacro. Ao fondo, de esguello, está Portalén, cunha fermosa tradición que xa recollemos. Aquí, este menhir que cos seus case 5 metros é un dos máis altos coñecidos. Dada a xeoloxía da serra do Cando, chea de bolos graníticos e dos procesos erosivos propios desta parte do mundo, sempre se poderá especular se a presenza desta pedra é froito da casualidade natural e, a posteriori, se lle deu uso máxico, ou se foi chantada con medios humanos para que servira de lugar sacro.

Historicamente tivo o seu uso mundano de servir de marco de separación entre concellos.

Se no Marco do Vento conflúen todas as forzas do Cosmos, as do ar, terra, mar e lume, as mesmas están presentes no ceo que o sobrevoa. A forza gravitatoria mantén unidos os planetas orbitando ás súas estrelas, e as estrelas xirando ao redor dos centros galácticos, e as galaxias agrupadas en cúmulos galácticos. O electromagnetismo reflíctese na luz que vemos e a radiación que non vemos.

As forzas nucleares feble e forte que conseguen que existan os átomos, eses que se fusionan no interior das estrelas, nas explosións de supernovas ou nas colisións de estrelas de neutrones para formar todos os elementos químicos que coñecemos. Velaquí as catros forzas fundamentais consideradas na física actual.

No ceo sobre el, o Marco do Vento parece apuntar á súa dereita á nebulosa da Lagoa, de cor rosado, albiscándose no medio dunha Vía Láctea que enmarca o ceo do mes de xuño de 2021. Unha panorámica creada a partires dunha ducia de imaxes unidas, para cada unha das cales se empregaron cinco fotografías e acadar unha maior resolución. O autor empregou a súa Sony a7iii a 17mm, f/2,8 e sensibilidade ISO 1600.

Unha fermosa imaxe que recollemos en #CeosGalegos23.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023