A contra luar

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría esta foto sería imposible. Ou, cando menos, sería máis complicada de atopar. O autor desta volta foi máis espelido e encargoulle a trigonometría e as efemérides á aplicación Photopills. El tirou para Paredes (Arcade, Redondela), presto a disparar a súa cámara desde unha distancia duns 3 000 metros en liña recta. A Lúa case chea, a comezos do pasado mes de xullo, enmarca o cumio do monte da Peneda (Redondela, Pontevedra) coa súa capela da Virxe das Neves. Un lugar con moitas vistas e moita historia que aquí é visto desde a outra beira da enseada de Rande, outro lugar con moita historia

A cor da Lúa, alaranxada, débese á refracción das capas inferiores da atmosfera, bastante típico tras días de calor. Permite distinguir perfectamente o mare Crisium, case circular, na parte superior á dereita, cos maria Tranquilitatis, Serenitatis e Fecunditatis bordeando o perfil do castiñeiro e o campanario, de esquerda a dereita. Aínda faltaban unhas horas para a Lúa chea, o que permite que a luz do solpor alumee o monte e a contraluz sexa menos acusada.

O autor empregou diferentes exposicións para ceo e terra e, así, obter a mellor iluminación.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Historia de dous arcos

Olla a imaxe, hai dous arcos. Velos? Son reais? Pois un si. Outro non. Na terra hai un arco de pedras. Levoulle tempo formarse. Os

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023