Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa liña de visión do Sol comezaba a eclipse total solar do 8 de abril de 2024. A consecuencia, só sería unha eclipse parcial visible moi baixa no horizonte desde localidades situadas ao oeste do país. Para o resto, o que permitiran as nubes e as brétemas mariñas a rentes do mar. Tal e como estaba previsto nas efemérides desde hai décadas, pois a mecánica celeste xa hai tempo que é moi precisa.

Alí estaba o noso fotógrafo en punta Frouxeira (Valdoviño, A Coruña) e cazou a mordedela da Lúa na parte inferior dereita do disco solar. O resto de sombras débense ás nubes presentes na zona.

As eclipses acontecen cando un astro oculta a outro. O plano orbital da Lúa ao redor da Terra está lixeiramente inclinado ao respecto de plano de traslación da Terra ao redor do Sol. Só cando eses dous planos se cortan temos eclipses, lunares (se a Terra se mete no medio da Lúa mailo Sol) ou solares (se a Lúa se interpón na liña de visión do Sol). Os primeiros cando é Lúa chea; os segundos cando é Lúa nova. Son acontecementos singulares porque o normal é que os tres astros non estén aliñados perfectamente.

Esta eclipse total de Sol non chegou a nós. Teremos a nosa oportunidade o 12 de agosto de 2026. Ide anotando nas vosas axendas.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026