Auroras boreales galegas

Décadas agardando contemplar desde o país este fenómeno extraordinario remataron nas noites do 10 e o 11 de maio. Unha gran actividade solar xerou unha enorme tormenta de partículas que impactaou coa atmosfera terrestre. Foi tan potente que a magnetosfera, normalmente quen de derivar o fluxo cara as zonas polares, viuse desbordada permitindo a contemplación dunha aurora boreal en latitudes como a nosa.

A anterior vez que se puidera gozar unha aurora boreal sen ter que viaxar aos países nórdicos fóra en marzo de 1989. Como daquela a fotografía non estaba tan extendida como o de agora e non había modelos preditivos nin internet como agora apenas temos máis que testemuñas como o de J.A. Docobo, director do Observatorio Ramón María Aller de Santiago de Compostela. Aquela aurora fora provocada pola mesma tormenta solar que causou un incendio e posterior apagón nun transformador eléctrico de Quebec (Canadá).

A imaxe foi tirada pola nosa colaboradora desde o faro de Cabo Silleiro. Eran as 2 da mañá e empregou 10 segundos de exposición coa súa cámara Sony ILCE7 e unha sensibilidade de 800.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026