1 As perseidas poden verse desde calquera lugar. Iso si, canto máis escuro verás un maior número delas, non só as máis brillantes. Incluso poida que sexa mellor non se achegar ás actividades organizadas, por problemas da masificación que comeza a haber. Ti tamén podes organizar unha mini-observación co túa contorna de amizades e familiares. Non necesitas nin prismáticos nin telescopio. SI necesitas unha manta ou toalla para tumbarte no chan e estar cómodo e roupa de abrigo. Pola noite refresca.
2 A choiva de estrelas das perseidas nin é choiva nin é de estrelas.; afortunadamente. A Terra no seu movemento ao redor do Sol atravesa unha zona do espazo cunha chea de refugallos de xeo suxo e po deixados anos atrás por un cometa denominado 109P/Swift-Tuttle. O que vemos é o resultado da vaporización dos restos ao rozar a gran velocidade coa atmosfera deixando un ronsel máis ou menos longo.
3 O cometa 109P/Swift-Tuttle ten un periodo de 132 anos ao redor do Sol. Ata 2122 non estará de volta, polo que o natural é que o número de meteoros diminúa ano tras ano porque o material vaise esgotando. Os meteoroides que orixinan as “estrela fugaces” ou meteoros adoitan ter o tamaño de grans ou pébedas, tan só. Pero non os despreces, pénsase que é o material primixenio que deu lugar aos planetas do Sistema Solar.
4 Pódense ver meteoros das perseidas desde o 17 de xullo deica o 24 de agosto. Este ano 2024 o máximo será entre as 13:00 e as 16: horas TU. Polo tanto, no noso país, son tan boas as noites do 11 ao 12 (canto máis tarde mellor) como do 12 ao 13 (canto máis cedo mellor). Durante o máximo pode haber ata un cento de meteoros por hora, teoricamente. Como o radiante (o punto do que parecen provir os meteoros) está no horizonte por simple estatística as que pasen por riba de nós serán moitas menos. Dúas ou tres ducias por hora, en ceos moi escuros, pode ser unha predición optimista. Podes facer o teu propio conteo e comparar coas previsións. Desde un lugar escuro na noite do máximo poderás ver varias ducias con facilidade.
5 O meteoros das perseidas con moi rápidos, viaxan a 59 km/s. En comparación, os meteoros das xemínidas (decembro) van a 35 km/s. Non te estrañes se indo en compañía doutra xente non vedes os mesmos meteoros; non dá tempo a avisar aos demais para que miren onda nós sinalamos.
6 O máximo de meteoros cadra coa lúa en cuarto crecente. Podemos reducir as súas molestias observando nas primeiras horas da noite, desde 1 hora despois de se poñer o sol. Se ollamos xusto tralo solpor seremos recompensados coa visión de Venus (e moito máis difícil, Mercurio), antes de que se faga noite.
7 Sempre recomendaremos aproveitar as noites despexadas para comtemplar o ceo nocturno. Podemos ollar meteoros no ceo nocturno calquera día do ano. Non tantos como durante unha choiva de estrelas, pero calquera noite nun ceo escuro nos dará o seu regalo. Sempre debes levar roupa de abrigo, incluso nas noites de verán. A humidade é inimiga da comodidade. E mirar cara o cénit, a parte superior, tumbados nunha toalla ou manta axuda, pois abarcamos máis ceo cos ollos. Xa sabedes, pola noite mirade ao ceo.
8 O planisferio que che amosamos foi creado a partires da web Heavens Above. Podes crear os teus propios planisferios directamente para imprimir os días que saias a observar.