A danza dunha aurora boreal galega

Hoxe, 16 de decembro de 1737, logo de que anoitecera, deixouse ver no ceo unha nube vermella (como cando na posta do Sol se ven) e ás veces branca, que despedía de sí bastante resplandor e luz. Viña de oriente a ponente, discontinuada, e durou moitas horas, e aínda ata o día.

Anselmo Arias Teixeiro, (Cabanelas – Ourense)

Estimábase que unha vez por xeración se poderían ver auroras boreais desde latitudes tan ao sur como a nosa, en relación ao polo Norte. Pois ben, este ano de 2024 levamos tres ocasións en que se puideron ver a ollo nu (nalgún caso con dificultad) e, sobre todo, quedaron rexistrados por fotógrafos e astrónomos amadores galegos.

Ao redor do máximo de actividade solar, na súa cromosfera apareceron área de moita actividade relacionadas con manchas solares e execcións de masa coronal en moitas ocasións. Tivemos a sorte que varias desas veces eses eventos apuntaban cara a Terra, producindo tormentas solares moi potentes. Nesas datas puideron contemplarse auroras nas nosas latitudes, algo realmente extraordinario.

O vídeo deste artigo foi tirado desde Montealegra, ao carón da cidade da Ourense, o 10 de outubro de 2024. O autor non se viu sorprendido como o fidalto Anselmo no século XVIII pois, en realidade, estaba sobre aviso. Así que saíra de caza e tivo a fortuna de retratar a interacción entre as partículas cargadas emitidas polo Sol e a magnetosfera terrestre. No vídeo-secuencia que creou podemos ver como ademais da estrutura de piares da aurora esta parece moverse. Un satélite artificial atravesa a escena.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026