Os cometas son como os gatos…

…ámbolos dous teñen cola e son impredicibles.

O cometa C/2023 A3, tamén coñecido como cometa Tsuchinshan-ATLAS, apareceu publicado en xornais como o “cometa do século”, dun xeito algo sensacionalista. Ao final foi un espectáculo moi fermoso, sen chegar a ser tan extraordinario; especialmente a ollos de curiosos da astronomía. Puido ser observado a ollo nu en lugares escuros mais, ao coincidir co luscofusco, a luz do solpor tamén amolou a moitos afeccionados.

A súa orixe está na nube de Oort, o que o sitúa nos cometas de moi longo periodo ou, segundo os últimos cálculos, non volverá pasar ao redor do Sol. Esa zona do espazo que arrodea ao Sistema Solar, afastada máis de 2 000 Unidades Astronómicas da nosa estrela. Alí parecen amorearse milleiros de millóns de refugallos do disco protoplanetario no que se formou o noso planeta. Os máis grandes de só uns poucos quilómetros de diámetro.

O seu nome provén de sendos telescopios (chinés e sudafricano) que o descubrieron de xeito independiente a comezos do ano 2023 (revisando imaxes doutros observatorios atopouse nalgunhas do ano 2022). Achegouse ao máximo ao Sol o 27 de setembro de 2024. O impacto do vento solar no seu corpo creou a típica cola cometaria que son, en realidade, restos de xeo que se van esparexendo polo espazo e que espallan a luz.

Na imaxe, o cometa aparece na constelación de Ofiúco por riba de Razo e Malpica (A Coruña), tirada desde A Pedra da Sal, en Baldaio. Para a súa composición o autor tirou unha imaxe do solo con 60 s de exposición e ISO 800, amoreando 16 imaxes de 30 s a ISO 3200 para o ceo. Todo iso coa súa cámara Sony A6000 e obxectivo Tamron 17-50 f:2.8, o 23 de outubro de 2024

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026