Unha augamar para a portada

Imaxe de telescopio na nebulosa Augamar

Hai 30 000 anos unha estrela estoupou, enchendo o espazo ao seu redor dos materiais que foi creando no seu interior. No lugar da estrela orixinal ficou unha estrela de neutróns, unha estrela moi pequena, compacta e densa. En realidade converteuse nun púlsar, nome que reciben as estrelas de neutróns que xiran moi rapidamente e emiten pulsos electromagnéticos moi regulares. Polo impulso inicial do estoupido e pola influencia dos ventos estelares da estrela nai, e doutras da veciñanza, foron conformando unha figura que ben parece unha Augamar. Forma parte do denominado IC 443, un remanente estelar dunha supernova.

A escena completa ten un tamaño duns 300 anos luz, atopándose a uns 5 000 anos luz de distancia da constelación dos Xémeos. A radiación ultravioleta que emite a estrela proxenitora excita diversos átomos das capas de material, especialmente hidrógeno e osíxeno, posibilitando que os vexamos con filtros axeitados.

A asimetría da burbulla de material débese a que está a chocar con zonas de diferente densidade ao seu redor, facendo que se expanda a uns 30-40 km/s na parte esquerda e a 80-100 km/s pola dereita.

A imaxe e completada coa nebulosa de emisión Sharpless 249 na parte inferior esquerda e unha brillante estrela por riba, nun dos pés da figura dos Xémeos, denominada Propus ou Eta Gem.O autor desta imaxe tivo que realizar 62 tomas de 6 minutos de exposición cada unha, repartidas entre os filtros Halfa e OIII. Foron varias noites, cunha parada de varias semanas por mor das choivas de decembro na súa localidade de Estacas (Ares, A Coruña). O esforzo pagou a pena porque, ademais de acadar unha estampa fermosísima, foi merecedora de figurar na capa da edición #CeosGalegos25. E, agora, podes levala á túa casa desde a nosa tenda web ou desde calquera libraría da nosa rede amiga.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026