O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto

eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo

que saibas que hai auroras inauditas coa rubién

do que foi violento, boreal e agora é belo …

e non, non o sabe.

Estíbaliz…Espinosa

En maio gozamos delas. En agosto houbo un pequeno amago. En outubro encheron de novo o noso ceo. E, desta volta, xa había máis amadores do ceo e da fotografía preparados.

Unha gran tormenta de partículas con orixe solar, debidas a unha rexión moi activa da súa cromosfera, enviou unha chea de electróns de moita enerxía que impactaron na nosa atmosfera. O resultado salta á vista: átomos de osíxeno sendo excitados a diferentes altitudes e emitindo as cores verdes e púrpuras ao re-capturar os seus electróns. A responsable foi a rexión activa AR3664; as partículas que emitiu fíxonos gozar das auroras nas noites do 10 e do 11 de maio.

As crónicas indican que o espectáculo durou toda a noite, aumentando de intensidade contras as 4 da mañá cando xa as cores se podían enxergar a ollo nu. O autor desta imaxe programa a viaxe horas antes, tras saber da predición da posibilidade de auroras, ata a praia do Con Negro (O Grove, Pontevedra). Entre os nervos, deu tirado 18 fotografías verticais en dúas fileiras para unilas posteriormente e obter esta ampla panorámica. Cada unha das tomas foi a F/3.5, ISO 4000 e 8 segundos de exposición, abondo para ver a estrutura da aurora e que o seu movemento non diluíse os piares.

Ademais da recompensa persoal de gozar dunha noite marabillosa a imaxe aparece no mes de xaneiro de #CeosGalegos25. E, se pensades que é fermosa, impresa a alta calidade en papel de 250 g quita o alento.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026