Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das nosas cabezas. Porque eses ronseis luminosos que vemos os as estrelas que se moven, ao longo de máis de hora e media de tempo.

Un dos primeiros modelos cosmolóxicos que coñecemos sitúa a Terra no centro do Universo e, as estrelas, formando parte dunha esfera ao noso redor, xirando día e noite. Cada planeta, o Sol maila Lúa ocuparían as súas respectivas esferas, todas cun radio menor e cun movemento independente da esfera das estrelas fixas. Porque iso é o que parece se ollamos a noite estrelecida ao longo dos días e dos anos; as estrelas fixas xirando ao noso redor, uns planetas (un Sol maila Lúa) xirando cada un ao seu ritmo. Terían que vir observacións máis finas e novos achádegos os que nos levaran a pensar que non, que a Terra non está no centro do Universo.

Ollando con agarimo a imaxe parece que as estrelas da dereita xiran ao redor dun punto fóra do cadro; a estrela polar. As estrelas do extremo inferior esquerdo parecen xirar ao redor doutro punto por baixo do horizonte; o polo sur celeste. As estrelas que se moven desde a esquina superior esquerda do cadro parecen facer diagonais rectas, son as situadas no ecuador celeste, a medio camiño entre os dous polos.

Abaixo, as gamelas agardan saíren traballar mentres o tempo cósmico vai paseniño pero sen pausa, na praia de Nerga (Cambados, Pontevedra).

O autor tirou un total de 210 fotografías do ceo de 30 s de exposición cada unha, a f/2,4 e ISO 1600. Estas imaxes foron amoreadas mediante unha aplicación informática para dar a escena que admiramos, empregando unha toma adicional para o solo. Todas coa súa Nikon Z5 do trinque e un gran angular Irix de focal fixa a 15 mm, montada sobre un trípode. A fermosura da imaxe serviulle ao autor ser escollida para incluíla nos #CeosGalegos25 no mes de marzo.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026