Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha nebulosa de emisión na constelación do Cisne. A foto é de agora, por suposto; pero a nebulosa xa fora descuberta en 1890 por Max Wolf, un astrónomo alemán que comezou a empregar a astrofotografía para localizar asteroides.

Na súa dereita hai outra nebulosa algo máis apagada denominada Pelícano, pois con algo de imaxinación poderíamos imaxinar o típico peteiro destas aves. Nos catálogos astronómicos recibe a denominación IC 5067-70.

Ámbalas dúas nebulosas teñen un tamaño duns 50 anos luz. Entre elas hai unha nube de absorción que ten por denominación LDN 935, conformando todas elas a mesma nube interestelar. Todo o complexo está a 1500 anos luz de distancia do Sol., que también forma parte de este complejo. Forman parte da mesma nube interestelar. No noso ceo están moi preto da estrela Deneb, a máis brillante da constelación, pola dereita e fóra da imaxe.

A imaxe levoulle ao autor 2 horas e media de exposición o pasado mes de outubro. Aínda que fixo as tomas en modo RGB despois pasouno á paleta do Hubble, que vén sendo asignar a cada cor as emisións correspondentes ao hidróxeno alfa, o osíxeno ou o xofre.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Un cometa desde a fiestra

Os cometas son coma os gatos, teñen cola e son impredicibles. O cometa Lemmon (nome de pía para C/2025 A6 Lemmon) descubriuse en xaneiro de

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026