A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país. Desde maio de 2024 xa son varias as noites gozando deste espectáulo celeste; a máis recente o pasado 19 de xaneiro de 2026.

As partículas solares emitidas por unha expulsión de masa coronal impactan en átomos da nosa atmosfera (osíxeno e nitróxeno), arrincando electróns de diferentes capas atómicas. Cando estes electróns son recapturados polos átomos emiter luz dunha cor característica. No caso destas imaxes poderíamos afirmar que a cor vermella provén da excitación do nivel D de átomos de osíxeno a máis de 400 quilómetros de altitude, mentres que a cor verde correspondería á excitación do nivel S de átomos de osíxeno situados entre 120 e 400 km de altitude.

Ao detectaren unha tormenta solar, se o chorro de partículas apunta á Terra, xorden alertas sobre a propablidade de contemplar auroras. Noutros momentos a previsión é menor, ao non haber tantas partículas impactando contra o noso planeta. Con toda esta información realízanse os modelos de “óvalo auroral”, as zonas terrestres con probabilidade de ver auroras. Sempre e cando as nubes o permiten, claro está.

O autor do noso vídeo secuencia subiu ata a estrada de Santaolalla (Petín, Ourense) coa súa cámara Canon 6D MkII dotada cun obxetivo Sigma 14 mm. Tirou un total de 438 fotos de 2,5 s cada unha, con  f/1.8 e ISO 6400. Entre cada toma deixou pasar un par de segundos. Para crear o vídeo amoreou ata 15 imaxes por segundo para dar a sensación de movemento. Pódense aprezar tamén o paso de varios satélites artificiais.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026