Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das covas da praia de Augas Santas (ou das Catedrais, en Ribadeo). Ou non, pois dependerá de como ollemos.

Neste caso o autor tirou unha dobre exposición: unha para captar a realidade máis achegada, a da cova; outra para descubrir o ceo fondo que se agocha pola súa falta de intensidade. Esta última xunta varias exposicións de 180 segundos cada unha, amoreadas cunha aplicación informática. O resultado é ese conxunto de zonas de emisión de hidróxeno, en tons avermellados, que brillan na rexión da constelación do Cisne.

O detalle que aparece á dereita do piar rochoso é fermosísimo: a nebulosa do Veo completa, coa súa estrutura circular, resultado do estoupido dunha estrela hai milleiros de anos.

A imaxe, aínda que tirada nunha soa noite do verán de 2025, levou una ano de planificación: mareas, ubicación da zona do ceo, noite despexada, con pouco luar e atendendo á subida do mar.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026