A eclipse de Lúa 2019

Estas son as imaxes enviadas para o noso concurso da Eclipse de Lúa 2019. Contamos con varias categorías de premios. Podes votar pola túa favorita ata o 4 de febreiro á medianoite. Entre os votantes, sortearemos tres lotes formados por unha edición autografada de #CeosGalegos18 e unha caixa de galletas caseiras de estrelas.

Regras

Estas normas son de obrigado cumprimento:

  • os autores asumen as condicións xerais desta web para o uso das imaxes
  • os autores acreditan que as imaxes que suben son da súa propiedade. Poden subir un máximo de 5 imaxes por autor
  • as imaxes deben conter necesariamente á Lúa durante algunha fase da eclipse do 21 de xaneiro de 2019
  • as imaxes poden estar tiradas por calquera medio fotográfico, con paisaxe, con xente ou só con elementos astronómicos
  • admítense correccións básicas de niveis con aplicacións informáticas ou procesados como apilados, panorámicas, secuencias. Pódeselle pedir ao autor que explique todo o procesado da imaxe publicada
  • as imaxes teñen que estar feitas cos pés en Galicia
  • o autor debe conservar os orixinais sen modificar (raw de existir) ou cando menos cos datos EXIF para posibles comprobacións futuras
  • permítese engadir texto explicativo, especialmente para o premio de imaxe didáctica
  • calquera dúbida sobre as normas de participación será resolta polo editor da web

Regras

soutez-fb-final-ENG-layersEstas normas son de obrigado cumprimento:

Premios

  1. Sorteo entre as imaxes publicadas. Queremos fomentar a realización de fotos do ceo por calquera medio técnico. Cada imaxe da galería recibe automaticamente un número de identificación único ou ID. Estes números serán introducidos nun bombo virtual na web Randorium para o sorteo do premio do concurso. O prazo de admisión de imaxes remata o 29 de xaneiro. O sorteo realizarase uns días despois, sendo anunciado previamente nas nosas redes sociais. O premio:
    • Unha edición especial de #CeosGalegos19 #GalicianSkies19 asinada por todos os fotógrafos
    • Un lote de "estrelas de galleta": caixa con pastas caseiras con forma de estrela e instrucións para servilas con forma de 2 constelacións. Regalo aportado polo restaurante do Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense).
    • Serán enviados por servizo de mensaxería ao longo do mes de febreiro ao enderezo aportado polo gañador.
  2. Premio do público á mellor imaxe da eclipse votada ao través desta web, despois do 29 de xaneiro. Abrirase un periodo de unha semana para que poidan votar os usuarios. Os autores poderán facer a promoción que estimen oportuna das súas imaxes. Os premios a un único autor:
  3. Premio do xurado á mellor imaxe da eclipse. O xurado está formado por Manuel Vicente (condutor do programa Efervesciencia da Radio Galega), Martin Pawley (condutor da sección "A noite é necesaria" de RadioVoz e primeiro premio 2018 á divulgación astronómica outorgado pola Federación de Asociacións Astronómicas de España) e un terceiro por confirmar. O premio a un único autor:
    • Diploma acreditativo, un exemplar personalizado e numerado que contén unha imaxe facsimilar do único exemplar galego coñecido do libro "De revolutionibus orbium coelestium" de Nicolao Copérnico.
    • Xantar/cea para dúas persoas na gala anual 2019.
    • Lote de regalos.
    • O xurado poderá acordar algunha mención especial se estima que algunha imaxe o merece por algunha característica singular.
  4. Premio Divulgacción á imaxe máis didáctica da eclipse. O xurado estará formado pola Xunta Directiva da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica que  poderá pedir os  informes que desexe.

O premio de xantar/cea será na gala anual que se realice en data e lugar a concretar, no mes de decembro de 2019 ou xaneiro de 2020. Non é acumulativo con outros  posibes premios neste ou noutros concursos, é dicir, só se poderá gozar dunha soa invitación aínda que se gañe varias veces. Os diplomas e os lotes de regalos si son acumulativos e requerirán asistencia á citada gala.

Premios

  • Sorteo entre as imaxes publicadas. Queremos fomentar a realización de fotos do ceo por calquera medio técnico. Cada imaxe da galería recibe automaticamente un número de identificación único ou ID. Estes números serán introducidos nun bombo virtual na web Randorium para o sorteo do premio do concurso. O prazo de admisión de imaxes remata o 29 de xaneiro. O sorteo realizarase uns días despois, sendo anunciado previamente nas nosas redes sociais.
  • O premio:
    • Unha edición especial de #CeosGalegos19 #GalicianSkies19 asinada por todos os fotógrafos
    • Un lote de “estrelas de galleta”: caixa con pastas caseiras con forma de estrela e instrucións para servilas con forma de 2 constelacións. Regalo aportado polo restaurante do Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense).
    • Serán enviados por servizo de mensaxería ao longo do mes de febreiro ao enderezo aportado polo gañador.
  • Premio do público á mellor imaxe da eclipse votada ao través desta web, despois do 29 de xaneiro. Abrirase un periodo de unha semana para que poidan votar os usuarios. Os autores poderán facer a promoción que estimen oportuna das súas imaxes.
  • Os premios a un único autor:
  • Premio Divulgacción á imaxe máis didáctica da eclipse. O xurado estará formado pola Xunta Directiva da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica que  poderá pedir os  informes que desexe.