Lugar: Multiusos Terra do Queixo (Arzúa), entrada oeste. Conta con amplo aparcadoiro ao redor. Ollo, o domingo hai feira e non se poderá usar a zona de aparcadoiro.
Cando: sábado 21 e domingo 22 de decembro. O venres xa estaremos algúns por alí, por se te queres unir.
Xantar
Os xantares “oficiais” do sábado 21 e domingo 22 serán en Casa Chelo. Organizamos un menú de grupo para sermos máis áxiles (especialmente o sábado) e non demorar as actividades. O número de comensais é limitado polo que se aínda non reservaches non podemos garantir que quede sitio.
Aloxamento
Nesta AstroGalicia24: a festa galega das estrelas ofrecemos a posibilidade de reservares tanto aloxamento. En Arzúa hai unha ampla oferta hostaleira, ao estar en pleno Camiño de Santiago. Máis, ao ser tempada baixa hai moitos locais de aloxamento que pechan e, para xantar, non todos poden asumir a demanda que pode supoñer de súpeto o noso evento. Por iso, reservamos para durmir varios locais que estarías pechados por tempada baixa e un par de restaurantes para o xantar do sábado 21 mailo domingo 22.
Nestes intres xa pechamos esta posibilidade por temas organizativos. Nos tres aloxamentos que xa pre-reservamos están case completos. Se tes algunha dificultade para atopar consulta connosco por se nos quedara algún cuarto libre a última hora.
Os nosos aloxamentos escollidos foron a Casona do Nené, a Pensión do Luís ou a Casa do Cabo. Todos eles a 100 metros de distancia do lugar das actividades.