As Charlas

As nosas charlas están abertas a todos/as, con acceso libre e de balde. Son divulgativas e permítenos acceder, nunha linguaxe doada, a algunhas das experiencias máis interesantes ou os achádegos máis recentes da astronomía. Todas están impartidas por relatores que son excelentes comunicadores.

Construír un planeta a partires de refugallos estelares

Para poder pensar se hai vida máis aló do Sistema Solar, temos que entender todos os pasos intermedios necesarios para que esta apareza. Dende como se formou o noso Sol e os planetas, ata que temos nós para que a Terra sexa distinta e especial.

O que pasa entre que unha estrela se forma e aparecen os planetas ó seu redor segue sendo un dos temas centrais na investigación astrofísica, xa que por máis que buscamos, parece que os planetas mozos son difíciles de atopar. Mais difícil aínda é entender a relación deses planetas co seu entorno, e todos os corpos que tamén forman parte do sistema: por que algúns teñen lúas e otros non? Chocan con asteroides ou cometas? Son comidos polas súas estrelas?

Cada vez temos máis planetas detectados fóra do Sistema Solar (agora mesmo, cerca de 7000), pero seguimos sen entender moi ben o seu entorno e de onde veñen. Nesta charla faremos un repaso de que sabemos do proceso de formación planetaria, dos planetas que coñecemos, se hai algún no que creamos que poida haber condicións para a vida, e que esperamos descubrir no futuro próximo.

Imparte: Isabel Rebollido

Explorando o Universo máis extremo: unha viaxe ao cosmos ao través dos raios gamma mailo CTAO

Imaxina unha sinfonía na que a maioría dos instrumentos soan fóra do noso alcance auditivo. Así é o cosmos: a luz que vemos é só unha pequeña melodía dentro dunha sinfonía moito maior. O ser humano non pode percibir toda a luz que emite o Universo pero, e se desenvolvemos telescopios que sexan quen de detectar esa luz invisible? E se os adaptamos para captar a luz máis enerxética que existe? Estarïamos entrando no mundo dos raios gamma, emisarios dos fenómenos máis explosivos e violentos do Universo, como buratos negros supermasivos, estrelas fusionándose ou, incluso, a misteriosa materia escura.

Hoxe os avances tecnolóxicos permítennos captar estes sinais cunha precisión sen precedentes. Gracias ao CTAO (Cherenkov Telescope Array Observatory), o meirande observatorio de raios gamma e o máis potente do mundo que tenrá dous conxuntos de telescopios en España e Chile, estamos a abrir unha nova xanela ao . Na charla viaxaremos ao bordo do coñecido e cruzaremos cara o descoñecido, aprendendo como os raios gamma mailo CTAO poden transformar a nosa comprensión do Universo e da natureza.

Imparte: Alba Fernández Barral

O ano das auroras boreais galegas

Este 2024 será lembrado por todos nós como o ano que puidemos ver auroras boreais desde o noso país. Ata en tres ocasións, relacionadas con tormentas solares de moita intensidade. Explicaremos que serie de acontecementos cadraron ben para que se puideran ver as auroras, que outros momentos da historia está documentado que se viran, cal é o mecanismo físico que nos permite comprendelas e, sobre todo, cando será a vindeira vez que as poidamos gozar. Con imaxes reais tiradas por algúns dos mellores astrofotógrafos do país. Esta charla substitúe á de “Manual para a destrución do planeta Terra” que houbo que cancelar por motivos sobrevidos.

Imparte: X. Dosi Veiga

Soña ao grande. Construíndo futuro en AstroHita

A emocionante transformación do Complexo Astronómico de La Hita nos últimos anos. Desde os seus humildes comezos coma un proxecto impulsado pola paixón dos amadores á astronomía, ata a súa consolidación coma un centro profesional de referencia.

Este soño evolucionou cara unha realidade que hoxe participa en proxectos de alto nivel científico e onde o traballo en equipo maila adicación foron chave para avanzar a manter viva a ilusión. Hoxe seguimos abrindo novos horizontes. Astrohita é unha historia inspiradora e amosa eu, con visión e perseverancia, non hai límite para o que se poida acadar.

Imparte: Leonor Ana Hernández

Manual para a destrución do planeta Terra

(Cancelado) Habitamos un pequeno planeta que orbita ao redor dunha estrela máis das que ateigan a nosa galaxia. Derredor, o universo desprega a súa enormer enerxía en forma de diferentes fenómenos que poderían destruírnos nun só segundo. Así semellan testemuñar os nosos desolados veciños do sistema solar e os silandeiros  planetas extrasolares. Malia iso, a vida foi quen de medrar nesta pequena rocha e sobrevirir dalgún xeito a todos os embates do cosmos.

Non se trata de crear alarma ou inquedanza, senón asomarnos a algúns dos numerosos perigos cos que o cormos nos amenaza cada día para descubrir que o elemento crítico para a nosa supervivencia é asemade o máis delicado: a nosa fráxil atmosfera.

Imparte: Santiago Pérez-Hoyos