O acceso é só para os inscritos en AstroGalicia24. Coma sempre contamos con obradoiros de nivel básico, para que todo o mundo que queira comezar na astronomía desde 0 o poida facer.
Iniciación á astronomía
1ª sesión. Obradoiro de planisferios. O firmamento: recoñecemento dalgunhas constelacións e manexo dun planisferio celeste.
2ª sesión. As estrelas: que son, como se forman, tipos fundamentais e evolución estelar. A estrela Rosalíadecastro. Nomes galegos das constelacións.
3ª sesión. O sistema solar: planetas, planetas ananos e corpos menores. Eclipses de Sol e Lúa. Exoplanetas. A contaminación luminosa.
NECESIDADES DAS PERSOAS INSCRITAS: interese e curiosidade por aprender algo de astronomía.
Imparte: o Martin Pawley.
Recursos para a divulgación da astronomía
Recursos, retos e desafíos propósitos polas Axencias Espaciais (ESA e NASA), desde un punto de vista da divulgación en ciencias do espazo e a astronomía. Estará moi enfocado a aprender técnicas e recursos para a divulgación e o ensino; tanto desde unha asociación como no centro educativo. As temáticas que trataremos son moi variadas:
- enxeñaría de astronaves coa nave Orión de protagonista
- actividade de exoplanetas
- defensa planetaria coa misión Hera
- observación da Terra desde o espazo mediante teledetección e satélites Sentinel
Necesidades inscritos: ordenador portátil para as prácticas.
Imparte: o Marcos Merinero.
Astropaisaxe como introdución á astrofotografía
A fotografía de astropaisaxes é unha especialidade moi agradecida na que con relativamente pouco esforzo podemos chegar a imaxes realmente espectaculares que nos abrirán camiño, se o desexamos, a outras especialidades astrofotográficas. O obxectivo principal deste obradoiro é fornecer os consello e axudas necesarias para definir, concretar e levar a bo termo as imaxes e vídeo-secuencias ou timelapses de paisaxes nocturnas ao noso alcance.
- Bases teóricas e reflexión inicial
- Fases dunha imaxe especial
- Inspiración e creatividade
- Técnicas de captura
- O maldito e bendito procesado
- Práctica nocturna
- Posta en común de resultados
- Dúbidas, dificultades e posibles solucións
Imparte: o Fernando Cabrerizo.
Obradoiro de iniciación á radioastronomía
- Introdución básica á radio, primeiro paso para comprender a radioastronomía
- aspectos básicos da radioastronomía: antenas, resonancia…
- montaxe de receptor sinxelo de radio que funciona sen enerxía (enerxía do éter)
- aspectos chave da radio e como se detectan os sinais
- montaxe dun radiotelescopio portátil para a detección de meteoros
Imparte: o Javi Moldes.