As Relatoras/es

Isabel Rebollido

Actualmente na Axencia Espacial Europea no ESAC (Madrid, Spain),

investiga sobre as últimas etapas de formación planetaria: os discos de refugallos.

Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese de grao sobre os “Procesos de núcleo-síntese en escenarios astrofísicos” (titorizada por Manuel Caamaño). Máster en Astrofísica na Universidade La Laguna (Tenerife), asociada ao IAC, un traballo de máster sobre o estudo da curva de fases de Kepler-7b con datos do Kepler (titorizada por Roi Alonso).

En 2014, no seu primeiro contacto coa Axencia Espacial Europea, realizou un estudo sobre as etapas tempranas de formación dos planetas con datos de arquivo do Herschel, baixo a dirección de Bruno Merín e Álvaro Ribas.

Presentou a súa tese doutoral en 2020 (supervisada por Eva Villaver e Benjamín Montesinos) sobre a “presenza de gas variable e exocometas na contorna de estrelas da secuencia principal” na Universidade Autónoma de Madrid.

Ata 2023 traballou como investigadora postdoutoral no Instituto de ciencia dos telescopios espaciáis (STScI) en Baltimore, nos Estados Unidos. Despois diso, voltou a España cunha beca Juan de la Cierva ó centro de Astrobiloxía (Madrid).

Unha das súas publicacións máis recentes foi sobre o disco de refugallos que arrodea a Beta Pictoris.

Ademáis, realiza actividades de divulgación como “chatea cunha astrónoma” e pertence á Comisión Muller e Astronomía da SEA.

Alba Fernández Barral

Alba Fernández-Barral é a Directora de Comunicación do Cherenkov Telescope Array Observatory (CTAO), que se converterá no observatorio astronómico de raios gamma máis avanzado do mundo e unha das infraestructuras científicas máis importantes das vindeiras décadas. Este observatorio internacional ten sés en España, Italia, Alemaña e Chile, e socios en 25 países. Desde o seu posto, Alba lidera a Oficina de Comunicación, Divulgación e Educación do Observatorio, creando e dirixindo a estratexia global de comunicación, que abrangue desde a comunicación corporativa (relacións con medios, comunicación interna e executiva, entre outras áreas) ata iniciativas de divulgación científica e proyectos STEM dirixidos a todos os públicos. Entre algunhas das iniciativas
organizadas destaca a o evento do CTAO na Expo 2020 de Dubai, a coordenación e
creación dunha nova identidade visual e web para o Observatorio mailo desenvolvemento do proxecto Astrodiversity, deseñado para promover a inclusión e a diversidade no ámbito científico.

Antes de centrar a súa carreira na comunicación científica, Alba traballar como investigadora no eido das astropartículas, doutorándose no Instituto de Física de Altas Enerxías (IFAE) en Barcelona coa cualificación Excelente Cum Laude e Mención Internacional polas estadías de investigación en centros estranxeiros como a Michigan Technological University, a Universidade de Maryland ou o Goddard Space Flight Center da NASA nos EUA, así como o Max Planck Institute for Nuclear Physics en Alemaña.

A súa laboura académica valeulle o Premio Extraordinario de Doutoramente pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e o Springer Award for Outstanding PhD Research, outorgado xunto coa publicación da súa tese pola editorial Springer. Tras completar o seu doutoramento, Alba traballou coma investigadora postdoctoral na Universidade de Padua e o Instituto Nacional de Física Nuclear (INFN) en Italia, continuando as súas invetigación en astronomía de raios gamma. Durante este período participou activamente en proxectos de divulgación e educación, en máis de 10 conferencias científicas e publicou como investigadora principal diversos artigos, incluíndo a detección de raios gamma da famosa fonte Cygnus X-1.

Ademáis da súa formación científica, Alba conta cun máster en Comunicación Social da Investigación Científica e supervisa teses de máster en comunicación na Valencian International University (VIU). Foi mentora na Supernova Foundation, programa deseñado para apoiar mulleres novas e minorías de xénero interesadas na ciencia, pertence ao grupo AMANAR, que desenvolver actividades educativas científicas para nenas e nenos provenientes dos campos de refuxiados saharauis.

Rubén López Coto

Científico titular no Instituto de Astrofísica de Andalucía. Nado en Huelva, obtivo o seu Grao en Física na Universidade de Sevilla cun ano de estadía na Universidade Autónoma de Madrid. Fixo os estudos de Máster no Institut für Kernphysik of the Münster Universität (Germany), cunha tese sobre espectroscopía láser de ións altamente cargados co experimento LiBELLE na Colaboración SPECTRAP.


En 2011 uniuse ao grupo de astrofísica de raios gamma do Instituto de Física d’Altes
Energies (IFAE) en Barcelona para desenvolver a súa Tese de Doutoramento sobre Pulsar Wind Nebulae (PWNe) and Cataclysmic Variables with MAGIC así coma o desenvolvemento de sistemas de disparo para os Imaging Atmospheric Cherenkov Telescopes (IACTs, tamén no CTAO), obtendo a cualificación de Cum Laude Excelente en 2015, mailo premio Extraordinario ao Doutoramento da Universitat Autònoma de Barcelona co premio de Teses Springer. Dous anos de postdoc no Max Planck Institut für Kernphysik (MPIK) en
Heidelberg (Alemaña), na análise de fontes galácticas cos telescopios H.E.S.S. e HAWC, no Observatorio HAWC.

En 2017 trasladouse ao grupo de astrofísica do Istituto Nazionale di Fisica Nucleare
(INFN) in Padova (Italia) grazas a unha bolsa postdoutoramento do INFN, contiuando coa investigación nos raios gamma e raios cósmicos de altas enerxías no MAGIC, as Colaboracións SWGO e o Consorcio CTAO.

Entre 2019 and 2022, traballou no INFN-Padova grazas a unha Bolsa Europea Marie Skłodowska Curie – Fellini, comezando en 2022 cunha Ramón y Cajal no Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC), involucrándoxe nas colaboracións MAGIC e CTAO, enfocándose no desenvolvemento dos Telescopio de Gran Tamaño do CTAO; os LSTs.

Actualmente coordina o Grupo de Traballo Galáctico, é coordenador do Analysis Software Deputy do referido LST no CTAO (en ámbolos dous postos coordenando más de 100 persoas), membro do Executive Board do LST, the Galactic coordinator de SWGO e do grupo Deep Learning do MAGIC.

Máis de 200 artigos publicados, 15 deles con contribucións significativas mediante a coordenación de grupos de traballo, arbitraxe interna ou supervisión do autor principal e 23 artigos como un dos autores principais, incluíndo os de grande impacto:

  • “Extended gamma-ray sources around pulsars constrain the origin of the positron flux at Earth” (Science, Volume 358, pp. 911-914, 2017)
  • “Undiscovered pulsar in the Local Bubble as an explanation of the local high energy cosmic ray all-electron spectrum” (Physical Review Letters, 121, 251106, 2018)
  • “Gamma-ray haloes around pulsars as the key to understanding cosmic-ray transport in the Galaxy” (Nature Astronomy, 6 (2022) 2, 199-206)
  • “Gamma rays reveal proton acceleration in thermonuclear novae explosions” (Nature Astronomy, 2022) and “On the potential of bright, young pulsars to power ultra-high gamma-ray sources” (ApJ Letters, 930 L2, 2022).

Tutoriza científicos mozos mediante clases de máster e cursos de doutoramento, supervisión de investigadores postdoc, doutoramento e máster. Participa activamente en actividade de comunicación social da ciencia como a Noite Europea dos Investigadores ou o Día Internacional do Cosmos e eventos educativos do CTAO, como membro do international CTAO
Outreach Committee.

Leonor Ana Hernández

Astrónoma amateur con máis de trinta anos de experiencia en divulgación, observación visual e debuxo astronómico. Colabora en diferentes espazos divulgativos como revistas e emisoras de radio, imparte conferencias, cursos de iniciación e astrofotografía, obradoiros de debuxo astronómico e observación ao gran público, colexios e profesorado.

Actualmente é responsable da área de formación e divulgación da Fundación AstroHita, onde imparte cursos, organiza sesións de observación e xestiona as actividades para colexios e institutos entre outras tarefas. Tamén participa activamente no mantemento do observatorio, así como nos desenvolvementos de construción de instrumental dentro da recén creada sección TecnoHita Instrumentación, especializada no desenvolvemento e comercialización de equipamento astronómico tanto propio como para terceiros.

Publicou o libro “Dibujo Astronómico” (Ed. Marcombo), o primeiro manual práctico sobre esta temática en castelán. Tamén é autora do blogue de debuxo e observación astronómica Alma de la Noche, onde comparte experiencias, técnicas e intres de observación baixo o ceo.

Martin Pawley

Crítico de cinema e divulgador científico con foco na astronomía. En 2018 recibiu o primeiro premio FAAE á divulgación de astronomía. Dende 2019 escribe unha columna mensual sobre contaminación luminosa na revista AstronomíA Magazine. É membro dende 2002 da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, entidade gañadora dunha mención de honor nos Premios Prismas da Casa das Ciencias en 2020, o Premio Rosalía de Castro de lingua da Deputación da Coruña en 2021 e o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas en 2023.

Javier Moldes

Óptico, maker e radioafeccionado. Experimentador experto en fabricación de antenas e comunicacións empregando bandas libres, desde hai anos desenvolve unha rede de detección de meteoros en radio.

O seu código: EB1HBK.

Marcos Merinero

Apaixoado da divulgación científica e a exploración espacial. Este profesor de profesores traballa en proxectos de innovación educativa: SpaceAstur, SpaceCampus, AstroChef e AsturCansat. Participa en campañas de observación con equipos internacionais para a misión Lucy da NASA. Colabora como formador en ESERO Spain, Oficina de Recursos Educativos da Axencia Espacial Europea. Coordenador de Astronáutica e Radioastronomía en SAAO. Educador do proxecto PARTNeR (INTA-NASA). Participa en retos educativos na Estación Espacial Internacional, sendo mentor de experimentos no espazo. Instructor de modelismo aeroespacial, constrúe e deseña modelos de foguetes. Presidente de EDICCA, membro da Federación Aeronáutica, operador de radio e técnico en Protección Civil. Participa nos programas educativos das diferentes axencias espaciais (NASA-ESA).

Salvador Bará Viñas

https://salvabara.blogspot.com/p/contact.html

Fernando Cabrerizo

Vallisoletano que logró un premio internacional de fotografía con la imagen de un pino.

https://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-vallisoletano-logra-premio-internacional-fotografia-imagen-pino-20170916125947.html

Ana Ulla

Astrofísica profesional, profesora titula da UVigo e autora de libros relacionadas coa astronomía (infantil, divulgativos…)-

Enrique Alonso

Presidente da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) e divulgador científico.

Alejandro Cardesín

Científico planetario e enxeñeiro aeroespacial especializado en operacións científicas das misións do sistema solar (especialmente en Marte) da Axencia Espacial Europea. Coordenador das comunidades planetarias de España e Portugal e representante do centro rexional de España e Portugal na EuroPlanet Society.

Santiago Pérez-Hoyos

Santiago Pérez Hoyos (Bilbao, 1977) es licenciado en Física (Astrofísica) por la Universidad Complutense de Madrid y doctor en Física por la Universidad del País Vasco, donde actualmente es profesor titular de la Escuela de Ingeniería de Bilbao. Su investigación se centra en el estudio de la luz reflejada y emitida por las atmósferas planetarias, tanto del sistema solar como de planetas extrasolares. Ha publicado decenas de artículos científicos utilizando datos de diversas misiones espaciales, como la misión Cassini o el Telescopio Espacial Hubble. Ha sido investigador visitante en la Universidad de Oxford (programa José Castillejo), ponente del panel científico del programa Discovery de NASA (2015) y miembro de la junta directiva de la Sociedad Española de Astronomía (2019 – 2022). También es parte del Aula Espazio, que forma científicos e ingenieros para el sector espacial principalmente a través del Máster en Ciencia y Tecnología Espacial de la UPV/EHU. Además de su papel investigador y docente, desarrolla una intensa actividad divulgadora con numerosas charlas por todo el país, colaboraciones en radio (La Mecánica del Caracol, EiTB) y artículos en diversos medios digitales (The Conversation, Mapping Ignorance). Ha escrito los libros “Atmósferas Planetarias” (editorial Marcombo, 2019) y “Manual para la destrucción del planeta Tierra” (Menoscuarto Ediciones, 2024).